Este curso puidemos desfrutar dun estupendo día para celebrar o Entroido, e é que o bo tempo sempre axuda a pasalo ben!!! Por este motivo, en canto chegamos ao centro comezamos a transformarnos en paxaros diferentes que ían enchendo de vivas cores cada un dos recunchos do cole.
De Infantil ían saíndo pavos reais azuis e verdes, que se movían con moitísima elegancia:
Infantil de 3 anos. |
Infantil de 4 e 5 anos. |
Os cisnes de 3º e 4º de Primaria. |
En 5º e 6º encheron os seus corpos con plumas que semellaban as dos patos, representando a historia do patiño feo:
As mestras e mestres tamén se sumaron á festa, disfrazándose co seu grupo de nenos e nenas ou de observadores de aves. E houbo tamén un grupo de mamás que apareceron lucindo as súas plumas así de espectaculares:
Os patiños e patiñas de 5º e 6º. |
Estupendas as ideas destas nais, que non quixeron perderse a festa do Entroido. |
Despois do paseo polo pobo, regresamos ao cole, onde contamos a todas as persoas que nos acompañaron algunhas cousiñas dos nosos disfraces: características desas aves, motivos polos que o eliximos, etc. Pronto poderedes escoitalo tamén en "Radio Rosiña"!!! E a continuación cantamos a canción que preparamos para esta ocasión: coa música da coñecida "A saia da Carolina", fixemos unha versión na que os nosos disfraces eran os protagonistas, e que acompañamos con instrumentos (turutas, pandeiretas e guitarras).
E o resto do tempo pasámolo degustando no comedor as sobremesas que xenerosamente aportaron as familias dos nenos e nenas do cole: orellas, filloas, flores, biscoitos, rosquillas..., ao tempo que compartimos conversas, risas, fotos... Pasámolo moi ben e esperamos que levedes todas un bo recordo desta festa que tanto nos gusta!!! Premendo AQUÍ podedes ver todas as fotos da xornada.
Vémonos o vindeiro xoves, 27 de febreiro!!!!
BO ENTROIDO!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario