Rematamos a semana de viaxe a Santiago de Compostela. Nesta ocasión, tamén en dúas quendas.
Por un lado, o alumnado de 3º a 6º de Primaria asistiu a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. Aproveitando que o concerto comezaba ás 12, ao chegar ao Auditorio fixeron unha visita guiada á exposición "Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995". A través dela coñecemos como foron evolucionando as carpetas dos discos de vinilo, ademais de poder ver algúns dos reprodutores e outros aparatos que xa forman parte case en exclusiva das persoas que os coleccionan.
Despois dun pequeno descanso, entramos na sala de concertos, na que o grupo de percusión Píscore nos ofreceu, acompañados pola Banda Municipal de Música, un concertazo!!! Pasámolo xenial con este espectáculo titulado "Con fusión", no que mesturan música, teatro, humor, comedia xestual, participación do público... Cunha marimba como eixo principal, van incorporando diversos matices musicais e ritmos moi diferentes: música latina, rock and roll, reggae, pop e ata música disco. Un auténtico espectáculo!!!!
Ao rematar o concerto fotografámonos cos catro membros de Píscore: Pepe, Diego, Félix e Pablo. |
Por outra banda, os grupos de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitaron o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Realizando o obradoiro de arte no CGAC. |
Aínda que se repartiron en dous grupos, fixeron as mesmas actividades: visitaron a exposición paisaxística relacionada coa natureza do artista lucense CHRISTIAN VILLAMIDE, titulada "In landscape mode", e a fotográfica do compostelán JESÚS MADRIÑÁN, que baixo o título "I am light" amosa unha novedosa mirada sobre a realidade do Camiño de Santiago
e os seus peregrinos.
Ademais disto, realizaron un obradoiro no que modificaban fotografías de grandes cidades sobre as que pegaban diferentes elementos da natureza (árbores, flores, ríos) que atraeran a chegada de diferentes animais, que tamén incorporaron nos seus deseños.
Pasárono tamén moi ben!!!!
E despois, os dous grupos regresaron ao cole para xantar.
Para ver todas as fotos só tedes que premer sobre calquera das que aquí aparecen.
Ademais disto, realizaron un obradoiro no que modificaban fotografías de grandes cidades sobre as que pegaban diferentes elementos da natureza (árbores, flores, ríos) que atraeran a chegada de diferentes animais, que tamén incorporaron nos seus deseños.
Pasárono tamén moi ben!!!!
E despois, os dous grupos regresaron ao cole para xantar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario