Mañá venres 3 de outubro,
recibiremos pola mañá na nosa biblioteca a ÁNGEL
PEREIRA CARRACEDO, ex-alumno do noso cole e mestre de Educación Física (que
fixo as súas prácticas tamén connosco), e autor do libro “LO QUE LLEVO TATUADO” que escribiu baixo o sobrenome de Jason Bross.
Aínda que o libro de Ángel non é
para rapaces de Primaria, Rosiña está segura que cando cumprades uns aniños vos
encantará lelo e disfrutalo.
Ángel tivo o detalle de viaxar dende
Londres, lugar onde actualmente reside, para vir a presentarnos o seu traballo,
para falar cos rapaces e rapazas do cole sobre como foi a súa experiencia como
escritor e para demostrarnos que calquera de nós pode escribir un libro se
temos unha historia interesante que contar aos demais.
Seguro que todos tedes moreas de preguntas que
facerlle, verdade??
Os rapaces de 6º curso prepararon, con moito
agarimo, un cartel para anunciar a súa visita. Está pegado no corredor do
colexio pero tamén o colgamos aquí para que todo o mundo poida velo:
O sábado día 4, terá lugar a presentación do
libro e a firma de exemplares na Casa de Cultura de Mazaricos.
Estades todos invitados!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario