venres, 21 de febreiro de 2014

IMOS DE CONCERTO: PEDRO E O LOBO

Hoxe, venres 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º Ciclo viaxamos a Santiago para asistir ao concerto PEDRO E O LOBO de Sergei Prolofiev no Auditorio de Galicia. Na obra participaron a REAL FILARMONÍA DE GALICIA e o grupo de títeres PERC POC.

Tamén visitamos a exposición "Maside en Compostela" no Centro Cultural Novacaixagalicia, onde participamos nunha actividade para nenos titulada "Sons dunha campá chamada Berenguela"

Aquí podedes ver as fotos da saída :


Agora que xa coñecedes a historia de Pedro e o lobo que tal se agora a lemos??



Pedro y el lobo
Pepe Maestro
Editorial Edelvives

















Pedro y el lobo
Miguelanxo Prado
Norma Editorial














Pedro y el lobo (libro +CD)
Colección La mota de polvo
Editorial Agruparte.


  E para rematar... que vos parece ver a historia agora en debuxos animados


venres, 14 de febreiro de 2014

DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe celebramos o DÍA DOS NAMORADOS!!

E imos celebralo cunha RECEITA moi especial xa que este curso estamos co proxecto sobre a gastromía: PAPACONTOS ZAMPALIBROS. Esperamos que vos guste. 

...COMO SE COCIÑA UN BICO  
por Madame Bechamel


Para cociñar un bico fai falta unha cociña alegre, que ula a limpo, cantar un pouco.
Que teña os mobles máis ou menos ordenados para que así caiban máis sorpresas e desorde, e caixóns de segredos que conteñan tipos distintos de amor, de mil sabores, ademais de frascos, especias orientais, pucheiros e culleres.
Ah! E as ventás abertas: algo de aire ou mirar un anaco de ceo favorecen a sensación de liberdade.

Escoitade as tixolas mentres friten, garfos e coitelos que rin facendo esgrima nos morteiros, olas exprés que asubían forte cando o bico xa está listo para ser dado ou recibido.
-Que aproveite!-berran a beixadores e chuchados.
- Saúde!- brindan copas e vasos.

Os bicos deben ser preferiblemente sinceros e de tempada, que potencien o sabor e a textura do afecto. E para que non quede un bico cru, Bechamel pide paciencia pois todo a lume lento gaña en sabor e aroma.

Recoméndase un sorbete de limón para dixerir os empachos que provoca o ridículo e rebozado.
E para enganar ao estómago cando hai fame, permítese picotear da memoria os bicos que algunha vez foron e da imaxinación os bicos que serán (ou talvez non).


Esta receita procede dun libro moi especial titulado Besos que fueron y no fueron de Roger Olmos y David Aceituno, publicado na Editorial Lumen. A traducción ao galego e nosa. O libro podedes atopalo na nosa biblioteca. 
Esperamos que este pequeno regaliño fose do voso gusto e que poidésedes disfrutalo.

A biblioteca tamén quere celebrar este fermoso día, cunha GUÍA DE LECTURA na que vos recomenda unha morea de libros moi "amorosos". Botádelle unha ollada porque estamos seguros de que atoparedes unha chea de libros que estaredes tolos por ler.


E para rematar este fermoso día, outro regaliño moi especial:

Dende o CPI de Mondariz, chéganos esta fermosa aportación: a Historia de Crocodilo namorado nas voces dos alumnos de 3 anos.





xoves, 13 de febreiro de 2014

BICOS DE LIBRO

Algo pasa!!! 
Notáse xa no ambiente!! 
A xente anda algo nerviosiña estes días...!!
Ahhh!!
Claro!!
Mañá é o DÍA DOS NAMORADOS!! 
Un día moi importante! Non si ?
Pola biblio tamén estábase "cocendo" algo.
E vos diredes...Claro!! Como esta ano andamos a voltas co tema da gastronomía, de seguro que algo "cociñan" tamén pola biblio. A Rosiña está preparando algunha receita caseira...

Pois si!!! Estabamos cociñando BICOS!

BICOS DE LIBRO!

Estamos seguros de que vos van a encantar. Están riquísimos!

Botádelles unha ollada xa veredes como vos van a apetecer unha chea deles!

Que aproveite!

xoves, 30 de xaneiro de 2014

RECETARIO PARA A PAZ

Este ano celebramos o DÍA DA PAZ con diferentes actividades de aula entorno a figura de Nelson Mandela pero ademais, posto que estamos traballando nun proxecto integrado que xira entorno ao tema da gastronomía Papacontos Zampalibros, cada grupo elaborou unha RECEITAS PARA CONSEGUIR A PAZ.
As receitas quedaron exquisitas. Queredes probalas?
Mirade mirade !! e por suposto probade a facelas!!




E para rematar as celebracións deste día cantamos e bailamos cun tema musical titulado QUEROTE MÁIS do grupo galego O SONORO MAXÍN.
Aquí vos deixamos fotos da celebración:


E o vídeo da canción para que a sigades cantando.

martes, 28 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ: homenaxe a Nelson Mandela

Imaxe achegada dende a
  Biblioteca Escolar Salgado Torres  

un grafitti tomado nas rúas de París.

Como xa sabedes, o vindeiro 30 de xaneiro celebrarase o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA e aproveitaremos esta data para aprender moitas cousas sobre un home que loitou durante toda a súa vida pola paz e polos dereitos dos máis desfavorecidos: o recentemente falecido NELSON MANDELA.

No noso cole farémolle unha pequena homenaxe para lembrarnos de todo o que fixo este home tan especial.

Comezamos lembrando a súa vida. Neste vídeo podedes atopar un documental coa súa BIOGRAFÍA.
 


Aquí vos deixamos dúas actividades elaboradas pola Biblioteca do CEIP Andrade de Pontevedra para que coñezades un pouquiño máis a vida de Mandela.
A primeira é un Prezi baseado no libro Me llamo... Nelson Mandela publicado pola Editorial Parramón.


A segunda é un Xogo de Preguntas ou Cuestionario para ver canto sabes sobre Mandela
 

Desde a Biblioteca do CEIP CONDESA DE FENOSA nos chega tamén esta CAZA DO TESOURO sobre a figura de Mandela para que aprendades investigando sobre Madiba.
 
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/mandela/index.html
.
 
Aquí abaixo tedes uns videos-homenaxe a Nelson Mandela elaborados polo CEIP Saco e Arce de Toén
A música do primeiro é unha canción que Silvio Rodríguez, un cantautor e poeta  cubano, dedicou a Víctor Jara (outro poeta que foi encarcelado e feito desaparecer  por defender ao seu pobo)



As palabras de Nelson Mandela constitúen o seu mellor legado. Este segundo vídeo é unha recompilación de declaracións extraídas de discursos, entrevistas, diarios persoais e cartas que escribiu ao longo da súa vida. Para que reflexionemos...

                             FrasesMandela from Efren Esquio on Vimeo.

Algúns libros que podemos atopar sobre Mandela son:


 Nelson Mandela
Colección Me llamo
 Escrito por Isabel Muntané
 Editorial Parramón

  Mis cuentos africanos
Escrito por Nelson Mandela
Editorial Siruela
 
E para rematar deixámovos un libro titulado O autobús de Rosa escrito por Frabizio Sislei e publicado na Editorial Bárbara Fiore que conta a historia dun avó que leva ao seu neto a coñecer o autobús no que en 1955 a valentía de Rosa Parks cambiou a historia dos Estados Unidos acabando coa segregación racial nos autobuses americanos. Non vos perdades esta fermosa historia baseada nun feito real.

luns, 27 de xaneiro de 2014

LEMBRANZAS E LECTURAS

Hoxe 27 de enero celebrébrase o Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto. Parécenos motivo suficiente para recomendar títulos como este:

ROSA BLANCA escrito por Christophe Gallaz e ilustrado Roberto Innocenti.  Publicado na Editorial Lóguez. 

Este é un álbum triste pero á vez esperanzador. Está ambientado na Alemaña da Segunda Guerra Mundial durante a represión dos nazis sobre os xudeos. Unha nena alemá chamada Rosa Branca ve como, un día, os nazis deteñen un neno xudeu. Intrigada, segue o rastro da comitiva ata fóra da cidade, e descobre un campo de concentración cheo de nenos famélicos. Lévalles comida ás agachadas sempre que pode. Un día, o campamento desaparece e pouco despois as tropas alemás foxen da cidade, e chega a primavera. Pero non para todos. 
Disfruta desta dura pero esperanzadora lectura e tamén das fermosas ilustracións dun gran ilustrador como é Roberto Innocenti.

venres, 20 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe, venres 20 de decembro, celebramos o Festival de Nadal 2014 coas representacións e actuacións preparadas nas titorías por tódolos cursos, e algunhas actuacións individuais. Case todas as actuacións tiñan relación co Proxecto Integrado de este ano PAPACONTOS ZAMPALIBROS, que xira arredor do tema da gastronomía.
Ao rematar o festival recibimos a visita dos REIS MAGOS DE ORIENTE, que nos trouxeron unha chea de agasallos para todos os nenos e nenas do cole.
Aquí tedes algunhas fotos da xornada.




A biblioteca deixavos á vosa disposición o enlace a un recopilatorio de recursos sobre o Nadal que de seguro vos vai encantar. Pincha sobre a ilustración para acceder a eles



xoves, 19 de decembro de 2013

CALENDARIO GASTRONÓMICO 2014

Xa está rematado o Calendario do 2014 elaborado cos traballos plásticos dos rapaces e rapazas do cole entorno ao tema do Proxecto Integrado deste curso. Como ben sabedes estamos traballando este ano arredor da temática da gastronomía e alimentación e ocorreusenos que cada clase elaborase a súa versión de algún cadro famoso relacionado coa temática da gastronomía. Era un xeito de mesturar Arte e Gastronomía. Estes traballos foron elaborados nas horas de Educación Artística polos rapaces e como podedes ver quedoulles un traballo precioso. 
Así que finalmente presentamosvos un Calendario Gastronómico que podedes descargar e imprimir cantas veces queirades. (Lembrade rexistrarvos en ISSUU para poder descargalo)




E aquí vos deixamos tamén as fotos dos traballos por se as queredes descargar:

domingo, 15 de decembro de 2013

GUÍA DE LECTURA NADAL 2013

Velaí van as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Podedes ir botándolle un ollo para anotalas para as vosas cartas ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos. Seguro que atopades algún título que vos guste.
Escollede ben !!!


venres, 13 de decembro de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Todos os anos se convoca o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL e este ano non ía ser menos. Os nenos e nenas presentaron os seus magníficos traballos feitos na aula. 
Os gañadores deste concurso resultaron ser: 

  • Educación Infantil: Todos os alumnos 
  • 1º Ciclo de Educación Primaria: Mª JOSÉ VILA GRILLE (1º
  • 2º Ciclo de Educación Primaria: ALEX INSUA MOLDES (4º)
  • 3º Ciclo de Educación Primaria:  DANIEL ANTELO REY (6º)

A postal da Daniel resultou finalmente a gañadora final e converteuse na postal oficial do colexio. Foi enviada aos domicilios de todos os alumnos e a outros centros educativos e estamentos públicos.

 Podes descargala desde AQUÍ