venres, 14 de febreiro de 2014

DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe celebramos o DÍA DOS NAMORADOS!!

E imos celebralo cunha RECEITA moi especial xa que este curso estamos co proxecto sobre a gastromía: PAPACONTOS ZAMPALIBROS. Esperamos que vos guste. 

...COMO SE COCIÑA UN BICO  
por Madame Bechamel


Para cociñar un bico fai falta unha cociña alegre, que ula a limpo, cantar un pouco.
Que teña os mobles máis ou menos ordenados para que así caiban máis sorpresas e desorde, e caixóns de segredos que conteñan tipos distintos de amor, de mil sabores, ademais de frascos, especias orientais, pucheiros e culleres.
Ah! E as ventás abertas: algo de aire ou mirar un anaco de ceo favorecen a sensación de liberdade.

Escoitade as tixolas mentres friten, garfos e coitelos que rin facendo esgrima nos morteiros, olas exprés que asubían forte cando o bico xa está listo para ser dado ou recibido.
-Que aproveite!-berran a beixadores e chuchados.
- Saúde!- brindan copas e vasos.

Os bicos deben ser preferiblemente sinceros e de tempada, que potencien o sabor e a textura do afecto. E para que non quede un bico cru, Bechamel pide paciencia pois todo a lume lento gaña en sabor e aroma.

Recoméndase un sorbete de limón para dixerir os empachos que provoca o ridículo e rebozado.
E para enganar ao estómago cando hai fame, permítese picotear da memoria os bicos que algunha vez foron e da imaxinación os bicos que serán (ou talvez non).


Esta receita procede dun libro moi especial titulado Besos que fueron y no fueron de Roger Olmos y David Aceituno, publicado na Editorial Lumen. A traducción ao galego e nosa. O libro podedes atopalo na nosa biblioteca. 
Esperamos que este pequeno regaliño fose do voso gusto e que poidésedes disfrutalo.

A biblioteca tamén quere celebrar este fermoso día, cunha GUÍA DE LECTURA na que vos recomenda unha morea de libros moi "amorosos". Botádelle unha ollada porque estamos seguros de que atoparedes unha chea de libros que estaredes tolos por ler.


E para rematar este fermoso día, outro regaliño moi especial:

Dende o CPI de Mondariz, chéganos esta fermosa aportación: a Historia de Crocodilo namorado nas voces dos alumnos de 3 anos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario