Imaxe achegada dende a Biblioteca Escolar Salgado Torres un grafitti tomado nas rúas de París. |
Como xa sabedes, o vindeiro 30 de xaneiro celebrarase o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA e aproveitaremos esta data para aprender moitas cousas sobre un home que loitou durante toda a súa vida pola paz e polos dereitos dos máis desfavorecidos: o recentemente falecido NELSON MANDELA.
No noso cole farémolle unha pequena homenaxe para lembrarnos de todo o que fixo este home tan especial.
Comezamos lembrando a súa vida. Neste vídeo podedes atopar un documental coa súa BIOGRAFÍA.
Comezamos lembrando a súa vida. Neste vídeo podedes atopar un documental coa súa BIOGRAFÍA.
Aquí vos deixamos dúas actividades elaboradas pola Biblioteca do CEIP Andrade de Pontevedra para que coñezades un pouquiño máis a vida de Mandela.
A primeira é un Prezi baseado no libro Me llamo... Nelson Mandela publicado pola Editorial Parramón.
A segunda é un Xogo de Preguntas ou Cuestionario para ver canto sabes sobre Mandela
Desde a Biblioteca do CEIP CONDESA DE FENOSA nos chega tamén esta CAZA DO TESOURO sobre a figura de Mandela para que aprendades investigando sobre Madiba.
.
Aquí abaixo tedes uns videos-homenaxe a Nelson Mandela elaborados polo CEIP Saco e Arce de Toén
A música do primeiro é unha canción que Silvio Rodríguez, un cantautor e poeta cubano, dedicou a Víctor Jara (outro poeta que foi encarcelado e feito desaparecer por defender ao seu pobo)
As palabras de Nelson Mandela constitúen o seu mellor legado. Este segundo vídeo é unha recompilación de declaracións extraídas de discursos, entrevistas, diarios persoais e cartas que escribiu ao longo da súa vida. Para que reflexionemos...
Algúns libros que podemos atopar sobre Mandela son:
Nelson Mandela
Colección Me llamo
Escrito por Isabel Muntané
Editorial Parramón
Mis cuentos africanos
Escrito por Nelson Mandela
Editorial Siruela
E para rematar deixámovos un libro titulado O autobús de Rosa escrito por Frabizio Sislei e publicado na Editorial Bárbara Fiore que conta a historia dun avó que leva ao seu neto a coñecer o autobús no que en 1955 a valentía de Rosa Parks cambiou a historia dos Estados Unidos acabando coa segregación racial nos autobuses americanos. Non vos perdades esta fermosa historia baseada nun feito real.
Ningún comentario:
Publicar un comentario