Esta semana comezamos viaxando... O noso
destino: Santiago de Compostela, a capital de Galicia. Aínda que todo o cole
compartimos o mesmo autobús, en Santiago dividímonos en dous grupos. Por un
lado, as nenas e nenos de Primaria vimos as obras seleccionadas e premiadas no
“Décimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas”: pintura, escultura, cerámica,
vídeo, fotografía, encheron os nosos ollos e oídos de enerxía e bo facer.
Despois de visitar a exposición, asistimos a
unha sesión de curtametraxes de diversas nacionalidades na Sala Mozart do
Auditorio. Baixo o título “Viaxe arredor do mundo”, as diferentes pezas
audiovisuais amosáronnos realidades sociais e culturais de diferentes lugares
do mundo. Turquía, Londres, Estados Unidos, Grecia e África foron algúns dos
nosos destinos esta entretida mañá.
Premede AQUÍ para ver as fotos.
Mentras tanto, o grupo de Infantil visitamos a
exposición “A Arte no Cómic”, na Sede Afundación. Centrada no cómic, nesta visita
puidemos coñecer a historieta “Pikiblinder”, de Jacobo Fernández Serrano,
inspirada en 26 obras emblemáticas de autores galegos como Francisco Leiro,
Eugenio Granell, Maruja Mallo, Castelao, Laxeiro, Urbano Lugrís ou Julia
Minguillón. E despois creamos a nosa propia composición, que quedou fermosísima
e levamos para o cole, para que todas as persoas que queiran poidan ver o bos
artistas que somos!!!
Rematada a visita ao museo, fixemos unha pequena parada na Oficina de Información e Turismo, onde nos amosaron en que consiste o seu traballo, e tamén nos agasallaron con materiais moi interesantes, relacionados coa cidade e co Camiño de Santiago.
Premede AQUÍ para ver as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario