"Mirando polo camiño" é o título da modalidade na que nos inscribimos dentro do Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos,
dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de
programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do
currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación
en valores.
O noso centro foi un dos 9 seleccionados para participar nesta modalidade, que solicitamos tendo en conta tamén o proxecto "O mundo é máis lindo lendo" que propuxemos desde a Biblioteca para este curso. Xa que a temática central será o turismo e o patrimonio etnográfico da nosa comunidade, que mellor que incluír o Camiño de Santiago coma unha parte do noso traballo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario