Menuda sorpresa!!! E vaia casualidade tamén que nesta ocasión o Nobel de Literatura fora concedido a un músico (por primeira vez na historia), xusto o curso no que adicamos o proxecto do centro á música!!! Pois si, no 2016 o premio foi para BOB DYLAN. Pero imaxino que non todas e todos vós o coñeceredes, así que quero contarvos un pouquiño quen é este músico.
Bob Dylan naceu en Minnesota no ano 1941, e desde os anos 60 adícase á música. A influencia de Bob Dylan nesta arte é recoñecida por grandes músicos do rock e do pop, coma os Beatles, os Rolling Stones, Bruce Springsteen, etc. A partir da súa relación con grandes cantautores desa época comezou a compoñer, inspirándose tamén nos poetas franceses e nas noticias do momento, que o animaron a iniciarse no mundo da canción protesta (criticaba a situación social e política). Todo isto revolucionou o mundo do folk, que abandonaría polo pop e no que tamén deixou unha pegada imborrable.
O certo é que as letras das súas cancións son poesía, aínda que a el non lle gustaba que lle chamaran poeta; definíase como "un artista do trapecio".
Aquí vos deixamos unha das súas cancións máis coñecidas, "Blowin' in the wind", cos subtítulos en castelán para que poidades descubrir ao músico-poeta, acompañado de guitarra e harmónica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario