Rematamos a semana celebrando o Samaín. Adicamos gran parte do día a esta festa, e pasámolo verdadeiramente ben. Contámosvolo?
Ao chegar ao cole reunímonos na biblioteca, para anunciar os premios das cabazas gañadoras. Tanto rapazas e rapaces coma o profesorado eliximos a que máis nos gusta; as tres cabazas que maior número de votos reciban, son as premiadas. E no 2016 os premios foron para:
UXÍA GRILLE SUÁREZ, de Ed. Infantil; ANDREA ALVELA RODRÍGUEZ, de 2º de Primaria e PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS, de 4º de Primaria.
Así de guapas saíron as tres gañadoras, pero seguro que queredes ver todas as cabazas presentadas, que estaban todas moi ben! Ademais, participastes case todas e todos vós, polo que queremos tamén mandar as nosas felicitacións para todas as familias, xa que son parte tamén deste concurso decorativo. NORABOA A TODAS!!!! (Premendo aquí podedes ver todas as vosas creacións).
Despois entregáronse os premios ás historias de terror. Todas as
persoas que participastes sodes merecedoras dun premio, xa que os
concursos non teñen razón de ser sen o voso traballo. Pero nesta ocasión
entregáronse uns premios especiais e, como nos gustaron tanto, aquí volos deixamos para que poidades lelos cantas veces queirades:
-AULA DE EDUCACIÓN DE INFANTIL, polo seu conto "Cabeza Tola":
-ALBA LAGO GARCÍA (2º de Primaria), pola historia "O vampiro":
-DANIELA MATO BERMÚDEZ (4º de Primaria), co seu conto "A casa encantada":
-AINHOA CAL CURRAIS (5º de Primaria), coa historia titulada "A desaparición de Susi":
-MIGUEL BARRUL IGLESIAS (3º de Primaria), co conto "O vampiro Beethoven":
As fotos da entrega de premios podedes velas premendo na seguinte imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario