Seguro que unha grande parte de vós leu as novelas "As bruxas", "Matilda" ou "A marabillosa medicina de George". Ou tal vez viu películas como "Charlie e a fábrica de chocolate". Son todos estes títulos de obras do gran contador de historias ROALD DAHL, quen cumpriría hoxe 100 anos.
Este escritor británico gusta tanto a nenas e nenos como a persoas adultas. A quen non lle gustaría ter os poderes de Matilda? Ou entrar na fascinante fábrica de Willy Wonka? Alguén rexeitaría repartir soños co xigante bonachón? A todas as persoas que nos gusta ler sabemos que a lectura permítenos "viaxar ao longo do mundo mentras estamos na nosa pequena habitación", como di Matilda, a protagonista dun dos seus libros máis exitosos.
Así que eu quero tamén aproveitar a ocasión do centenario dun dos escritores máis importantes do século XX para lembrarvos que na nosa biblioteca tedes varios exemplares seus. Animádevos a lelo, de seguro non vos defraudará e a vosa imaxinación ampliarase ata límites insospeitados...
Ningún comentario:
Publicar un comentario