O 21 de abril, a actriz Katerina Lehu acendeu a chama que dentro de 100 días e unha semana comezará a arder no estadio olímpico de Río de Janeiro. Katerina, no seu papel de sacerdotisa, capturou os raios do sol nun espello parabólico ante o templo de Hera en Olimpia, o lugar onde se celebraron os Xogos na antigüidade. A chama atravesará Grecia nun traxecto de máis de 2000 km., que inclúe a cidade de Maratón e a illa de Corfú, rematando no estadio Panathinaiko de Atenas. Despois, subirá a un avión onde, protexida por unha pantalla, voará ata Lausana, e de alí a Brasilia. Durante case 100 días percorrerá o país no que se celebran este ano os Xogos Olímpicos, chegando ao estadio olímpico de Río o 5 de agosto.
Queredes ver o vídeo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario