xoves, 6 de marzo de 2014

ENTROIDO

O venres 28 de febreiro, celebramos o ENTROIDO no cole. 
A temática elixida este ano é a mesma que a que escollemos para o noso proxecto integrado PAPAPACONTOS ZAMPALIBROS  que xira entorno ao tema da gastronomía. 
Todos e todas no colexio nos disfrazamos de COCIÑEIROS e COCIÑEIRAS e fixemos un pequeno desfile ademáis de cantar unha canción.

Logo xogamos coas piñatas coma todos os anos. Tamén había unha para os pais e outra para os profes.
No comedor disfrutamos dunha chea de larpeiradas de Entroido que todos fomos traendo das nosas casas.

Hoxe, xoves día 6 de marzo, regresamos das vacacións e queimamos os Meco.



 Queredes ver o guapos e guapas que estabamos??


Olvidábasenos contar que durante toda a semana pasada os rapaces e rapazas do cole estiveron obedecendo os MANDADIÑOS DO MECO

  • O luns 24 tiveron que traer un mandil

  • O martes 25 tiveron que traer o mandil e máis un trapo de cociña na cintura
  • O mércores 26 tiveron que traer o mandil, o trapo de cociña e máis un mostacho
  • O xoves 27 tiveron que traer o mandil, o trapo de cociña, o mostaño e un paniño na cabeza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario