xoves, 20 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

Mañá, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional da Poesía.
Recién inaugurada a primavera, que vos parece se nos deixamos inspirar por ela para escribir un poema entre todos?
Rosiña, contemplando as fermosas camelias do noso cole, emocionouse e escribiu o comezo dunha poesía que quere que nós continuemos. Aquí vos vai:

Hoxe é o Día da Poesía!
Que cousas podemos facer
para celebrar tal día?
Ler a nosa Rosalía,
...

A Rosiña gustaríalle que cada grupo aportara un ou dous versos para ir completando o poema. A clave está en buscar palabras que rimen con "poesía" e con elas construír os versos. 
Unha vez rematados, crearemos unha ilustración para acompañalos.
Poetas e poetisas, mans á obra! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario