Hoxe, 16 de outubro, celébrase o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN (proclamado en 1979 polos Estados membros da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). e este ano o lema deste día é "Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición".
A finalidade deste día é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidaridade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Para celebrar este día, Rosiña preparouvos unha mostra de libros que falan sobre alimentación. Algúns deles podedes atopalos na biblioteca, outros iremolos mercando ao longo do curso e outro podedes atopalos en bibliotecas públicas e librerías.
Bo proveito!!!
Chegounos tamén desde o CEIP DE PONZOS en Ferrol esta interesante presentación que pode ser moi interesante ver coa vosa profe na clase para logo poder falar sobre o tema.
Gracias aos compañeiros do CEIP DE PONZOS por compartir con nós o seu traballo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario