Hoxe 20 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO COCIÑEIRO en recoñecemento ao labor exercido polos cociñeiros que cada día queren sorprender aos seus clientes con pratos novos e novidosos. Este día xurdiu co obxectivo de render homenaxe a todos os profesionais culinarios que mediante diferentes ténicas convirten os nosos alimentos nun bo manxar.
Dende a nosa biblioteca, e xa que este ano dedicaremos o noso proxecto integrado ao tema da gastronomía, queremos celebrar con todos eles este día compartindo unha chea de lecturas relacionadas coa cociña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario