domingo, 3 de febreiro de 2013

VÍDEO DA CHARLA DE HARUNA TAKEBE

Xa está !!!
     O vídeo da Charla que nos ofreceu  HARUNA TAKEBE, concertista de piano xaponesa o luns 28 no noso cole.
      Grazas a Haruna coñecemos un pouquiño ese país tan afastado de nós e que ten unha cultura que nos atrae tanto.
    Foi un verdadero pracer para nós coñecer a Haruna e compartir con ela estes momentos nos que aprendemos tanto sobre un país ben distinto ao noso, cuns costumes, unha lingua e unhas tradicións nas que estamos moi interesados en profundizar.
    Este vídeo servirá para que, tanto Haruna coma nós, poidamos lembrar esta experiencia tan enriquecedora de intercambio cultural.
      Haruna, xa tés un sitio nos nosos corazóns e as portas abertas na nosa comunidade educativa.
    GRAZAS por prestarte e entregarte a esta marabillosa experiencia. Sabemos que estabas nerviosa e preocupada ante esta charla pero xa ves que todo saíu xenial!! Fixéchelo moi ben!!
  Regaláchenos o teu disco pero agora estamos desexosos de escoitarte tocar en directo. Oxalá sexa posible atopar un oco na túa axenda para verte!!
BICOS DENDE MAZARICOS!!


Charla de Haruna Takebe, concertista de piano xaponesa no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Haruna Takebe, concertista de piano xaponesa no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do PROXECTO INTEGRADO 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. Luns 28 de xaneiro de 2013
http://bibliovictorsaenz.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario