A nosa biblioteca solicitou á BIBLIOTECA DA FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ un préstamo de fondos relacionados coas culturas: temática que estamos traballando este ano no noso Proxecto Integrado "Onde os libros te leven". Enviáronnos 2 tipos de coleccións: "Lecturas de Aquí y Allá" (dende febreiro ata maio) e "Lecturas á carta" (dende febreiro ata finais de curso). Estes materiais que inclúen literatura, libros de información e películas formarán parte dunha exposición que estará a vosa disposición para que poidades realizar as vosas investigacións.
Que os disfrutedes!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario