O venres, as nosas Mochilas Viaxeiras, volveron a saír do cole cargadas para viaxar por Mazaricos visitando os fogares dos nosos nenos e nenas.
De novo, unha morea de contos, poesías, comics, libros de coñecementos, revistas, discos, películas, lecturas para papás e mamás.... escollidos polos titores especialmente para cada un dos seus alumnos marchan para para convivir coas súas familias durante 15 días.
As Mochilas voltarán con moito que contar nos seus cadernos viaxeiros nesta experiencia que xa vai co terceiro curso en funcionamento.
Rosiña continua, moi atenta dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente e de que ningunha mochila se retrase na chegada ao seu destino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario