domingo, 30 de outubro de 2011

PREMIADOS NO CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO SAMAÍN 2011

O venres tamén se entregaron os premios do Concurso de Historias de Medo Samaín 2011. Os premios foron financiados pola AMPA e contamos ca presencia dunha das súas representantes.
E os gañadores foron:
" Fantasma de medo": Conto colectivo do alumnado de Infantil




" O lobishome no bosque": Traballo colectivo do grupo de 2º curso de Primaria



" Matt e o bosque maldito": Conto de Julia Pereiro Facal de 3º curso de Primaria




"O bosque embruxado": Conto de Tatiana Barcia Blanco de 6º curso de Primaria





Grazas a todas a todos os rapaces e rapazas por participar!!!

CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2011: EXPOSICIÓN E GAÑADORES

Esta é a nosa Exposición de Cabazas do SAMAÍN 2011. Fíxate ben a ver si consigues ver a túa!!



E istos son os gañadores  do Concurso de este ano. Felicidades rapaces!! Fixestes un traballo estupendo!


Estas son as súas cabazas. 


Aquí vos deixamos imaxes da entrega de premios na que participou unha nai representante da AMPA. 
O primeiro premio foi financiado pola AMPA.
 3º premio: Ainhoa Cal Currais (Infantil 5 anos). Aquí coa profe Ana e a representante da AMPA.
  2º premio: Miriam Cambeiro Caamaño (6ºcurso) coa a profe Susi e a representante da AMPA.
1º premio: Xabier Paris Moledo (4ººcurso) co profe Pedro e a representante da AMPA.

Grazas a todos os rapaces e rapazas por participar e, sobre todo, grazas ás familias por colaborar!!

EXPOSICIÓN DE FONDOS SAMAÍN 2011

Ata o venres 28 tivemos unha exposición de fondos na biblioteca relacionados coa temática do medo que os rapaces puideron disfrutar durante HORA DE LER de todos estes días. Aquí vos deixamos unhas fotos.


xoves, 27 de outubro de 2011

Un regaliño para este Samaín

Ola rapaces!!!
Teño un regaliño para vós.
Trátase dunha curtametraxe animada que de seguro vos vai a encantar. Está dirixida polo animador granadino Rodrigo Blaas afincado en California que traballa para os Estudios de Animación Pixar desde o ano 2002. Rodrigo participou en películas que estou segura de que vos coñecedes ben: Buscando a Nemo, Cars, Los increibles, Wall-e y Up.
Tres anos de traballo foron necesarios para crear esta curtametraxe de cinco minutos de duración, que recrea a historia dunha nena que, recorrendo as frías rúas, atopa unha antiga tenda de xoguetes que lle causa moita curiosidade.
A curta titúlase "Alma". Espero que vos guste.



Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.

domingo, 23 de outubro de 2011

SAMAÍN 2011: Convocado Concurso de Historias de Medo.

Bueno, pois xa empezou o outono definitivamente. Hoxe nótase máis verdade? Día pasado por auga. Xa era hora!! Botaba moito de menos a chuvia. Vós non??
O outono traenos a primeira festividade do curso: o SAMAÍN. Lembrade que tedes unha morea de recursos para traballar e disfrutar estas datas aquí:
Esta semana enviei a todas as clases unha carta animándovos a participar no Concurso de Historias de Medo que organizamos desde a Biblioteca para conmemorar esta festa.
O CARTEL do concurso é este e xa está colgado nos corredores do colexio. Gústavos?



Aquí tedes a miña carta coas bases do concurso. Animádevos todos!! Espero que o día 27 o meu buzón esté cheo cos vosos traballos. Sorte a todos!!

luns, 10 de outubro de 2011

NOVO CURSO NOVO PROXECTO NOVA CAMPAÑA

Ola rapaces!!!


Hoxe quero facervos un anuncio moi especial.



     Os profes coa miña axuda, levan unhas semanas pensando, decidindo e artellando un novo tema para o PROXECTO E A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA deste curso. E parécenos que xa é hora de anunciarvos cal é o tema escollido.

     Durante este curso imos traballar o tema............
....
....
....
....
....

dos BOSQUES a través dun proxecto que imos titular:

SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS

     E vos pensaredes: Por qué se escolleo ese tema e non outro???

     Fácil!!! Porque o 2011 foi declarado ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

    Todo o traballo que vaiamos facendo ao longo do curso sobre o tema dos bosques e todos os recursos que recompilemos estarán á vosa disposición na seguinte páxina (pincha sobre a imaxe)


      Ahhhhh!!! Xa me esquecía!!!

      Ahora que xa temos tema e tamén un lema para o noso proxecto, fáltanos presentarvos o CARTEL DA CAMPAÑA. Pero neste punto, os profes aínda andan a traballar como a locos!!! Ademáis eu aínda teño que ir a mercar un traxe especial relacionado cos bosques porque, de momento, aínda ando co bikini, coas aletas e coas gafas de mergullar do curso pasado. De seguro que os profes, me axudan a escoller o modelo e me sacan unha foto bonita para ensinarvos.

Estade ben atentos!!! Xa veredes que "juapa" me poñen.

domingo, 9 de outubro de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VOLVEN A EMPRENDER VIAXE

    O venres, as nosas Mochilas Viaxeiras, volveron a saír do cole cargadas para viaxar por Mazaricos visitando os fogares dos nosos nenos e nenas.
   De novo, unha morea de contos, poesías, comics, libros de coñecementos, revistas, discos, películas, lecturas para papás e mamás.... escollidos polos titores especialmente para cada un dos seus alumnos marchan para para convivir coas súas familias durante 15 días.
    As Mochilas voltarán con moito que contar nos seus cadernos viaxeiros nesta experiencia que xa vai co terceiro curso en funcionamento.
     Rosiña continua, moi atenta dende a biblio, asegurándose de que todo funcione correctamente e de que ningunha mochila se retrase na chegada ao seu destino.


¡BOA VIAXE E BOAS LECTURAS!

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA

Esta semana que acaba de rematar (do 2 ao 9 de outubro) celebrouse a Semana Mundial da Lactancia  Materna. Para conmemorar esta data queremos recomendarvos 3 libros moi especiais:


O primeiro deles é un libro recentemente publicado por a Editorial OQO.      A súa autora chámase Charo Pita, e xa a coñecemos por outras obras que temos na biblioteca (Velliñas, Igor, O Arco da Vella). Fala dun neno pequeno que queda a cargo dun bebé que seica ten fame pero ao que non sabe como alimentar, ata que chega a nai do bebé e encárgase del do mellor xeito posible. Fermoso conto para achegar algo tan natural e "máxico" aos máis peques.

As mulleres, ás veces, inquíetanse ao saber que van a ter un bebé e mentras agardan ven o mundo con ollos distintos. Teñen ganas de ser fonte e deciden entón que o seu corpo sexa a fonte da que brote nova enerxía dando fonte ao seu recién nacido. Este fermoso libro está escrito por outra escritora galega ben coñecida por nós: Teresa Moure e ilustrado por un dos nosos ilustradores favoritos: Leandro Lamas.

E o último tamén é de Teresa Moure. Conta a simpática voz dun bebé que dende que viu a súa nai, soubo que se ían querer porque dende o primeiro momento ela entendeuno. Narra o namoramento dunha madre e o seu fillo, as visitas e o momento central: cando a mamá lle da de mamar ao neno. Outro libro ilustrado por Leandro Lamas.

mércores, 5 de outubro de 2011

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA PAIS E NAIS

O máis importante para conseguir que os teus fillos lean é predicar co exemplo; porque os fillos son o reflexo dos seus pais.
SE TI LES, ELES LEN!!!
Debes ser o modelo a seguir para os teus fillos, e ler no teu tempo libre. Se é xunto a eles, moito mellor!!!
A nosa biblioteca recibiu o curso pasado unha donación de cartos para mercar libros para adultos por parte dos pais e nais colaboradores do comedor escolar.
Aquí tedes unha mostra. Estes e moitos máis están na biblioteca a vosa disposición!!
DISFRUTADE DA LECTURA !!!!