xoves, 16 de xuño de 2011

GRAVACIÓN NA BIBLIOTECA

Onte tivemos unha visita na nosa biblio! 
Viñeron dunha productora de televisión a gravar a nosa biblioteca por encargo da Consellería de Educación.
Na gravación, participaron os alumnos e alumnas de sexto, todos eles Axudantes da biblio. Escollémolos porque tan só lles quedan uns días no cole e están un pouquiño tristes. Ademáis foron os que máis traballaron nela, neste curso cheo de obras e movemento dos fondos.
Xa saben que seguirá sendo a "SÚA BIBLIOTECA" e que poden volver a ela cando queiran. Nós esperarémolos sempre cos brazos abertos.
Ánimo rapaces! Agora comezades unha nova etapa nas vosas vidas e este vídeo que gravástedes será unha fermosa lembranza para nós e para vós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario