martes, 7 de xuño de 2011

COMUNICAMOS O APRENDIDO

A última fase dun Proxecto Documental consiste en ser capaces de comunicar aos demais o que aprendimos.
Os nosos rapaces de Infantil, que estiveron traballando nun proxecto Documental sobre os golfiños, andan estes días moi ocupados visitando aos demais grupos do centro para explicarlles o que aprenderon sobre estes animais.
Cada día, na Hora de Ler, unha parella de rapaces de infantil preséntanse nunha clase e expoñen o seu traballo.
Aquí tedes un exemplo: Rubén de 5 anos e Paula de 3 anos explican o que saben sobre os golfiños.



Ningún comentario:

Publicar un comentario