Ola, rapazada!
Xa
está chegando o Samaín!!! Ademais,
este curso celebrarémolo uns días antes, xa que o día propio, que é o 31,
coincide cun domingo, polo que a primeira festa do curso terá lugar o venres,
29 de outubro. Como sei que vos gusta moitísimo, xa comezamos cos preparativos
no cole, así que cóntovos algúns deles!
O primeiro,
como moitas de vós saberedes, é a creación dunha historia de medo para o “XII Concurso de Relatos de Medo”. Seguro
que o proxecto deste curso vos inspira narracións cheas de misterio arredor dos
elementos que atopamos no universo: planetas, astros, galaxias, satélites,
obxectos non identificados… Pero como estou segura de que as vosas ideas son
moito mellores que as que poida aportarvos eu, non quero influír na vosa imaxinación,
polo que queda aberto o campo da ficción para que o redactedes como mellor
queirades.
O
que si vos vou lembrar son as bases,
que seguirán como en anos anteriores:
-Estarán
escritos en galego.
-Entregaranse rotulados unha vez
corrixidos.
-Terase en conta a presentación:
valorarase moito a curiosidade.
-Pódense realizar ilustracións que
acompañen o texto, así conseguiredes que a vosa historia sexa máis atractiva!!!
Lembrade rotulalas e pintalas...
-Facédelle unha portada onde se poida ler
o título da historia, o voso nome e, se queredes, unha ilustración.
-Se estades en Educación Infantil ou en 1º
e 2º de Primaria, podedes escribir unha historia colectiva entre todas as
persoas do grupo.
-Para os que estades nos cursos de 3º a
6º, os traballos serán individuais.
-Os traballos meteranse no meu buzón, á
entrada da Biblioteca, pero comunicádello antes á vosa mestra ou mestre, para
metelos todos xuntiños!!!!
-O prazo
de entrega remata o vindeiro MÉRCORES, 27
de outubro.
-Os
premios entregaranse o día 29, cando
celebraremos a festa no cole. Haberá un premio para Infantil, outro para 1º e
2º, un máis para 3º e 4º e outro para 5º e 6º.
AGARDO AS VOSAS HISTORIAS!!!A outra noticia que quero comentarvos e que haberá Concurso de Cabazas!!! Premendo na imaxe podedes ler toda a información!!!
Rosiña