luns, 22 de abril de 2013

Xa queda menos!!!

Queda un día para para esa data tan especial que todos estamos esperando!!  
Deixámosvos aquí uns vídeos para aliviar a espera!!!




Cómo se hace un libro. from Eujoa Artes Gráficas on Vimeo.
La fábrica de libros posee todos los materiales para construir tu libro.

mércores, 17 de abril de 2013

HOXE, SAÍMOS OUTRA VEZ NO PERIÓDICO

Hoxe a Voz de Galicia volveu publicar unha noticia da que somos de novo protagonistas e na que informan da visita de Vadim Yukhnevich ao noso cole.

CONCURSO DE CARTEIS PARA O DÍA DO LIBRO

Ola rapaces!!! Como vai iso!!!
Eu estou feliz con este bo tempo que estamos disfrutando despois de tantos días de chuvia sen poder saír a xogar ao patio e vós??

Veredes! O martes que vén é 23 de abril e celebraremos o DÍA DO LIBRO no noso cole. 
Este ano repetiremos a experiencia dos APADRIÑAMENTOS LECTORES que tanto éxito tivo o curso pasado.

Pero eu quero propoñervos algo máis!
Tratáse dun concurso.
Imos facer de publicitarios!!! Queremos facer entender á xente do boa que é a lectura  e polo tanto temos que convencelos de que ler ten moitísimos beneficios.
Que vos parece???
Tedes que facer un cartel ilustrado e cun slogan!!

E para que poidades ter máis clariño o que tedes que facer, pareceume boa idea buscar pola rede outros carteis que promocionan a lectura e ensinárvolos aquí. Quizais vos sirvan de inspiración.



Os carteis terán un tamaño DIN-4 como máximo e os slongans deben estar en galego. As ilustracións deben estar rotuladas. Tedes ata o martes 23 para entregalos!!!
Sorte!!  O gañador ten premio!!

sábado, 6 de abril de 2013

VISITA DO ACORDEONISTA BIELORRUSO VADIM YUKHNEVICH,

Onte recibimos unha visita moi especial na nosa biblioteca de VADIM YUKHNEVICH, un marabilloso acordeonista bielorruso!! 
Vadim veunos a falar sobre a cultura do seu país, BIELORRUSIA dentro do programa de actividades organizado desde a biblioteca para o Proxecto Integrado deste ano "Onde os libros te leven"
Vadim Yukhnevich recorreu varios lugares de Europa (Alemaña, Francia...) tocando na rúa con outros instrumentistas. Ademáis de impartir clases de acordeón, forma parte de numerosos proxectos relacionados coa escena: participa tocando en directo en diversas obras de teatro (Berrobambán, Mago Teto...); realiza gravacións e espectáculos didácticos (Boas Noites, O camaleón musical...), forma parte de varios grupos musicais (Stranniki, Xúa Kibitka, Banda Crebinsky...)
Leva 12 anos vivindo en Galicia, así que xa coñece moi ben a nosa cultura, e nós queriamos saber da súa: cómo é a vida cotiá en Bielorrusia, que similitudes e diferenzas ten coa nosa... E sobre todo, queriamos saber sobre a música e a danza bielorrusa.... e, por suposto, escoitar o seu acordeón!!!
Aquí tedes a fotos da súa visita: 



E tamén podedes disfrutar do vídeo por si non poidestes estar presentes ou por si o queredes volver a ver.

Charla Vadin Yukhnevich no CEIP VÍCTOR SÁENZ from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Vadin Yukhnevich, acordeonista bielorruso no CEIP VÍCTOR SÁENZ dentro do programa de actividades do PROXECTO INTEGRADO 2012-13 "Onde os libros te leven" dedicado ás culturas do mundo. Venres 5 de abril de 2013

O DOCE MUNDO DO MEL

O venres 5 de abril de 10:00 a 10:30, Beatríz Rios, impartiu aos alumnos aos alumons de Educación Primaria unha actividade que levaba por título "O doce mundo do mel en Galicia", unha campaña divulgadora do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Os rapaces visionaron imaxes e atenderon as explicacións de Beatriz que lles ensinou o proceso de obtención do mel así como os materiais que utilizan os apicultores para extraela e ata lles permitiu probar un traxe de apicultor. Como remate da sesión, os nenos probaron o mel, e levaron para a casa, un tarriño de mel como agasallo.
Aquí vos deixamos as fotos da actividade:





E aqui vos deixamos algunhas recomendacións lectoras que nos achegan ao mundo das abellas







El fascinante mundo de las abejas
Editorial Parramón









                                        





Las abejas
Susanna Aránega
Editorial La Galera













O mel 
Teresa Sabaté e Carme Solá
Baía Edicións















Dez  abellas na laranxeira
Marilar Aleixandre
Editorial Xerais











Descubre las abejas
Alejandro Algarra
Editorial Edebé









Quizá tamén é conviniente que lle botedes unha ollada á este reportaxe:

mércores, 27 de marzo de 2013

HOXE SAÍMOS NA VOZ DE GALICIA

Ola a todos!!!!

Hoxe o noso cole sae nun artígo da Voz de Galicia!! 
O artigo faixe eco das charlas que estamos organizando no centro dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado "Onde os libros nos leven". Este é o proxecto que se plantexou dende a nosa biblioteca neste curso e que xira en torno ao tema das diferentes culturas do mundo. 
Botádelle un ollada  á noticia. Pinchade sobre a imaxe!!


mércores, 20 de marzo de 2013

Aquí están as cartas que escribiron os rapaces e rapazas de 4º aos seus pais para festexar este día. 
Lédeas,  son moi emotivas!!
Estamos seguro de que os seus pais, e algunha nai que tamén fai as veces de pai, están moi orgullosos destes regalos:

martes, 19 de marzo de 2013

DÍA DO PAI

Ola a todas e todos!!!

Hoxe celebramos un día moi especial para todos os pais e dende a nosa biblio queremos facer a nosa pequena aportación para esta celebración.
Primeiro imos darlle un pouquiño de cor a este día. Aínda que sexa un día cheo de chuvía e de frío, todos necesitamos un pouquiño da calor e da cor destas fermosas imaxes que atopamos no blogue PINZELLADES AL MON do que somos seguidores dende hai xa bastante tempo. Trátase de ilustracións feitas por ilustradores de literatura infantil e xuvenil, imaxes que celebran a paternidade. Disfrutádeas!!


E agora unhas cantas RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE DÍA:

MI PAPÁ
Anthony Browne
Editorial:
Fondo de Cultura
Económica de España
PAPÁS DEL MUNDO
Autores Varios
Editorial La Galera
MEU PAI É ESTUPENDO
Nick Butterworth
Editorial Xerais

SIEMPRE PUEDES
CONTAR CON PAPÁ

Mireille d'Allancé
Editorial Corimbo

P DE PAPÁ
Isabel Martins
Bernardo Carvalho
Editorial Kalandraka

TODOS LOS PAPÁS
Bisinski/ Sanders
Editorial Corimbo




HOY LO HACE PAPÁ
Nadine Brun-Cosme
Editorial Corimb
CATÁLOGO DE PADRES
PARA NIÑOS QUE
DESEEN CAMBIARLOS

Claude Ponti
Editorial Corimbo
UN DÍA CON PAPÁ
Kate Banks
Editorial Juventud

33 COSAS QUE SOLO
HACEN LOS PADRES

Harriet Zifiert/
Amanda Hale
Editorial SM

UN PAPÁ A LA MEDIDA
David Calí
Editorial Edelvives

EN LOS HOMBROS DE PAPÁ
Manuela Monari/
Evelyin Davidd
Editorial Itslmagic
¡MI PAPÁ ES GENIAL!
Ross Collins
Editorial Blume
¡VAMOS A VER A PAPÁ!
Lawrence Schimel
Editorial Ekaré
DÍAS DE HIJO
Philip Waechter
Editorial Lóguez
EL PAPÁ QUE TENÍA
10 HIJOS

Bènèdicte Guettier
Editorial Casterman
PAPÁ, POR FAVOR,
CONSÍGUEME
LA LUNA

Eric Carle
Editorial Kókinos
















E para rematar algunhas ilustracións para colorear ou para inspirarvos na elaboración das vosas felicitacións. 

GALERIA 1         GALERÍA 2          

Ah!!!! E algo máis!!


luns, 18 de marzo de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA NODAL DE PONTEVEDRA

Ademáis de visitar o Salón do Libro, o alumnado de 2º e 3º ciclo tamén aproveitou para visitar a BIBLIOTECA NODAL DE PONTEVEDRA. Alí ensináronnos o funcionamento dunha biblioteca pública e tamén fixemos algunha actividade de formación de usuarios.
Aquí vos deixamos da visita, incluen tamén as fotos da comida e do rato que pasamos no parque antes de regresar a San Cosme.



E aquí tedes algúns vídeos que estamos seguros que vos gustará ver:









E ao resto dos vídeos podedes acceder dende aquí:

Video 4
Vídeo 5
Vídeo 6
Vídeo 7 

VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O venres 15 de marzo os alumnos de 2º e 3º ciclo desprazáronse a Pontevedra para visitar a XIV edición do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL titulado este ano "A toda máquina"  pois a súa temática xiraba ao redor ao tema das máquinas inventadas polo home. Aquí tedes o Cartel deste ano.

A organización do Salón tamén publicou unha bibliografía e todos aqueles  libros publicados para vós que falan de máquinas por se vos interesa profundizar sobre este tema.

Pois aquí podedes atopar as fotos desta visita por si queredes gardar ou imprimir algunha:



E tamén, como somos un colexio moi preparado e temos cámara de vídeo, podedes ver algúns vídeos da visita.

Video 1
Vídeo 2 
Vídeo 3
Vídeo 4
Vídeo 5 
Vídeo 6       

E aquí nos tedes a todos pedindo os nosos desexos na MÁQUINA DOS DESEXOS do Salón.



Tamén visitamos á exposición adicada á escritora Marilar Aleixandre, a autora homenaxeada este ano no Salón do libro e da que temos algúns libros no noso cole.