domingo, 10 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Aquí vos deixamos as fotos do acto de hoxe DÍA DA MULLER TRABALLADORA no noso cole!

sábado, 9 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe celebraremos no centro o Día Internacional da Muller Traballadora. Será durante a Hora de Ler. Xuntaremos todos para amosar aos demáis os traballos preparados nas aulas e para colgalos no corredor do centro.
Vémonos alí, logo!!
A semana que ven poderedes ver aquí as fotos da celebración.
Mentras tanto deixámovos aquí un par de cousiñas:
Unha é unha Guía de Lectura que elaboramos con libros que contan historias emocionantes protagonizadas por mulleres que reivindican a súa condición feminina para vivir intensamente, que toman as rendas das súas vidas seguindo a súa vocación e desafiando os camiños establecidos para elas. Esperamos que vos guste.
E agora unha sorpresiña para todos vos. Un dos libros recomendados nesta guía   e que podedes atopar na nosa biblio, podémolo ver neste outro formato. Esperemos que  vos guste.

martes, 5 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

     O venres 8 de marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora. A biblioteca pon a disposición de todos vós unha páxina web na que se recollen todos os recursos atopados pola rede que podedes empregar para traballar e aproveitar ben esta celebración. Pinchade na imaxe para acceder a eles.


      Ademais estivemos preparando unha exposición de fondos da biblioteca sobre este tema para que os teñades máis a man e podades disfrutalos.


     Este ano que estamos adicando ás culturas do mundo, decidimos investigar nas aulas sobre as mulleres máis importantes das distintas culturas escollidas polos rapaces para os seus proxectos documentais. 
        En breves, poderedes disfrutar dos seus traballos.

VÍDEOS DAS CHARLAS DE ÁNGEL CARRACEDO

E aquí están os vídeos!!! A disposición de todos vós!! 
Tardamos moito en telos listos pero xa sabedes que as "cousas de palacio van despacio".
O xoves 21 de febreiro tivemos a sorte de contar de novo na nosa biblio coa presenza do noso "padriño" o       recoñecido xenetista e catedrático de Medicina Legal D. Ángel Carracedo Álvarez.
Este ano invitámolo de novo a pasar o día connosco para falarnos un pouco sobre "o ADN e a oríxe xenética das distintas razas humanas" dado que, como ben sabedes, estamos a traballar nun Proxecto Integrado que titulamos "Onde os libros te leven" que xira en torno ás diferentes culturas do mundo.
Angel, tan amable e cercano coma sempre, aceptou a invitación e ofreceunos dúas charlas: unha para os nosos rapaces e rapazas, como dí el "os rapaces/as máis listos do mundo" e outra para pais, nais e profes. A temática era a mesma e incluso fíxemos o mesmo experimento pero o nivel de complexidade das explicacións cambiaba un pouco.
Sempre é un luxo poder disfrutar da presenza de Angel e dos coñecementos que nos brinda cada vez que nos visita. El sabe que o noso cole é tamén a súa casa e que sempre estamos esperando velo entrar pola porta para compartir con nós un pouquiño do seu valioso tempo. Sabemos que é un home moi importante e que sempre está moi ocupado e agradecémoslle que sempre esté disposto a facer un oco na súa apertada axenda para compartilo con nós.
Dende aquí, Angel, GRAZAS por ser como eres. Estamos seguros de que grazas a ti os nosos rapaces/as síntense un "pouco máis científicos" e que moitos deles cando pensan no seu futuro vense cunha bata de laboratorio e un microscopio nas súas mans querendo ser coma ti.
Disfrutede deste tesouro. Para todos os que o vístedes en persoa e tamén para os que non puidestes asistir disfrutade del como fixemos nós.


Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.



Charla de Angel Carracedo para familias e profes do CEIP VÍCTOR SÁENZ sobre "O ADN e a orixe xenética das razas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para familias e profesores do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.

venres, 22 de febreiro de 2013

CHEGARON OS LECTORES ELECTRÓNICOS AO NOSO COLE

O mércores ás 10:30 da mañá a Consellería de Educación citou ao director e á coordinadora ca nosa biblio na CIDADE DA CULTURA para facernos entrega de 3 lectores electrónicos coa finalidade de promover entre os nosos alumnos a lectura de libros en formato dixital entre as actividades habituais de fomento da lectura promovidas desde a biblioteca.
A Consellería escolleu 25 centros de toda Galicia de entre 270 que o solicitaron e que están dentro do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Os criterios de selección daban prioridade ás zonas rurais e aqueles centros onde houbese unha especial implicación de toda a comunidade educativa nas actividades organizadas dende a biblioteca.
A prensa estaba alí tal e como reflexa a noticia publicada na Voz de Galicia. Pincha sobre a noticia para lela.


O Equipo de Biblioteca reunirase ao longo da semana que ven con Rosiña, a nosa mascota, para decidir como xestionar o uso destes lectores.
A que estades impacientes xa ????

xoves, 21 de febreiro de 2013

XA TEMOS AQUÍ AS FOTOS DO ENTROIDO

Ola rapaces e rapazas !!!
Por fin temos xa preparadas algunhas fotos do noso Entroido Multicultural!!



Os de Infantil disfrazáronse este ano de Queztzales: unha ave típica de centroamérica e que os antiguos habitantes de América representaron infinidade de veces. É facil saber en que proxecto andan metidos este ano verdade?  Pois sí están investigando sobre a Cultura Americana.
Os de Primeiro Ciclo están investigando sobre a Cultura Inuit. Os inuits, aos que todos coñecemos como esquimales, visitaron o cole o día de Entroido!!! A que estaban preciosos?
Os de 3º curso anda perdidos polo Oriente, coñecendo as Culturas Chinesa e Xaponesa. Estaban impresionantes de vermello. A que sí?
Os de 4º curso perdéronse na India e andan investigando sobre a súa cultura. Estaba elegantísimos cos seus saris e os seus turbantes!!
Os de 5º curso están profundizando no coñecemento da Cultura Bérbere e viñeron vestidos como eles!!
E os de 6º curso sorprendéronnos coa súa indumentaria propia da gran estepa rusa pois están investigando sobre Rusia!!

Para acabar queremos deixarvos un vídeo que montamos coas fotos e coa canción oficial do Entroido escrita por a nosa querida Susi (profe de música). Esperamos que vos guste o resultado!


Entroido das culturas (C.E.I.P. Víctor Sáenz) from bibliotecavictorsaenz1 on Vimeo.

sábado, 16 de febreiro de 2013

Un vídeo realizado nun instituto de Murcia que reivindica a cultura clásica triunfa en Grecia


    Querían apoiar un evento cultural e educativo e, da noite á mañá, convertíronse nun fenómeno en YouTube.
    A Asociación Murciana de Profesores de Latín e Grego (Amuprolag) elaborou un vídeo no Instituto Ingeniero de la Cierva para promocionar o evento "Yo conozco mi herencia ¿y tú?" no que destacaban todo o legado que os antigos gregos deixaron en España (entre eles as bibliotecas) e nos últimos días multiplicáronse as reproducciones. Levan case 300.000, das que case 200.000 chegaron de Grecia, onde o vídeo -titulado 'Gracias, Grecia'- convertiuse en todo un fenómeno. De feito, os autores recibiron dúass chamadas de agradecemento da embaixada grega en España e radios e televisións do país entrevistaronlos. O seu vídeo ten uns 2460 comentarios, na súa maioría de gregos que lles amosan o seu agradecemento nestes tempos de crise que tanto dano está facendo no país heleno.
Non deixedes de velo!! É emocionante!
 

xoves, 14 de febreiro de 2013

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS A TODOS

Queremos celebrar con todos vos este día tan especial con este fermoso vídeo que lle podedes dedicar aos vosos namorados ou namoradas!!

martes, 12 de febreiro de 2013

Préstamo da Biblioteca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez

A nosa biblioteca solicitou á BIBLIOTECA DA FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ  un préstamo de fondos relacionados coas culturas: temática que estamos traballando este ano no noso Proxecto Integrado "Onde os libros te leven". Enviáronnos 2 tipos de coleccións: "Lecturas de Aquí y Allá" (dende febreiro ata maio) e "Lecturas á carta" (dende febreiro ata finais de curso). Estes materiais que inclúen literatura, libros de información e películas formarán parte dunha exposición que estará a vosa disposición para que poidades realizar as vosas investigacións.
Que os disfrutedes!!!

luns, 4 de febreiro de 2013

UN ENTROIDO MULTICULTURAL

E xa estamos outra vez de Entroido !

    Estes días andamos todos atarefados preparando os nosos disfraces. Este ano a nosa temática céntrase, ao igual que o Proxecto Integrado deste ano, nas culturas do mundo. Esperamos que o venres disfrutedes co noso Desfile e tamén coa Degustación de Larpeiradas de Entroido que cada ano ofrecemos no comedor por xentileza das familias de todos os rapaces e rapazas do cole. Grazas mamás, papás, avoas, avós e tías e tíos reposteiros!!  Como nos imos poñer ehh!!
      Xa temos ata canción oficial para o noso Entroido. Trátase dunha canción escrita pola profe Susi para a ocasión coa música de "A saia da Carolina". Vós seguro que xa sabedes de memoria pero por si acaso aquí vos deixamos a letra para repasala para o venres.
Tamén queremos compartir con todos vós unha chea de recursos que outros colexios comparten con nós.   Botádelles unha ollada, aproveitádeos ben, exprimídeos a tope e disfrutade destas festas tan divertidas que nos permiten convertirnos por un día no que nós queiramos.
O primeiro deles  chéganos dende Vigo das mans da profe Julia González do C.E.I.P. MESTRES GOLDAR de VIGO que sempre nos ten enganchados coas súas actividades LIM. Nesta aprenderedes todo o que hai que saber sobre o Entroido Galego.
Non esquezades poñelo a pantalla completa para disfrutalo máis.


E aquí temos outro Actividade LIM que atopamos pola rede. É froito dun traballo colaborativo. Estamos seguros de que a disfrutaredes moito.
Pinchade nela para xogar.

E por suposto, non imos esquecer a recompilación de recursos que cada ano fai a Coordinadora Galega de Normalización e Dinamización Lingüística.