xoves, 26 de maio de 2011

PROXECTO GOLFIÑO

Os alumnos de Infantil levan varios meses investigando sobre OS GOLFIÑOS. Recolleron unha chea de información, seleccionáronna e con ela elaboraron e editaron un fermoso libro que a partir de agora estará dispoñible para todos vos na biblioteca. Queredes ver o seu traballo??? Pois aquí o tedes:
A partir de hoxe os seus autores irán por todas as clases a explicarvos todo o que eles aprenderon sobre os golfiños. Xa veredes!! Son uns auténticos expertos en Golfiños!!!!

XA TEMOS LISTA A NOSA GUÍA DE USUARIOS

Para que coñezades ben os servizos que ofrece a nosa biblioteca e para que vos movades por ela sen dificultade, aquí tedes a nosa Guia de Usuarios.
Rapaces, rapazas, papás, mamás, profes, "profas" e todo aquel ou aquela que a queira! Lembrade se a que podedes pedila en papel na nosa biblio!

luns, 23 de maio de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores 18 o noso alumnado desprazouse á Casa de Cultura da Picota para celebrar a entrega de premios do Certame Literario organizado para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011.
Alí todos disfrutaron da actuación do grupo musical  OS TRES TENEDORES.

E logo por fin, chegaron os premios. No noso cole tivemos tres premiados: Rubén de Infantil, Dani de 3ºe Martín de 5º. Aquí están os premiados cos coordinadores dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos tres centros do concello. Noraboa a todos!!!

EXPOSICIÓN DE BARCOS NO NOSO COLE

Ola a todos!!!
Gústanvos os barcos??? Aquí tedes as imaxes da exposición de maquetas de barcos que temos estes días no noso colexio. Levamos todo o curso traballando o tema do mar e conseguimos que nos deixaran estas preciosas maquetas para que toda a comunidade educativa as poida disfrutar. Cal vos gusta máis?

mércores, 18 de maio de 2011

EMPEZAMOS O DÍA CUN POUQUIÑO DE MÚSICA

Ola rapaces!!!
Hoxe madruguei para deixarvos un regaliño fermoso!! Mirade este vídeo. Aposto a que vos vai a encantar. Trátase dun cuarteto de corda polaco que se chama MOZART GROUP e que traballan coa música clásica de un xeito moi divertido. Veredes como o pasedes pipa con eles!!!
Disfrutádeos!!

Rosiña

martes, 17 de maio de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011: SALVANDO AS NOSAS LETRAS

Hoxe estamos de festa: cebramos o DÍA DAS LETRA GALEGAS. Este ano está dedicado a Lois Pereiro. Levamos xa uns días celebrando estas datas e mañá iremos ao Centro Sociocultural da Picota para a entraga de premios do Certame Literario organizado polos Equipos de Normalización dos tres centros educativos do Concello de Mazaricos. Teremos algún gañador??? Que nervios!!! verdade??

Este curso, entre os centros intregrados no PLAMBE, xurdiu esta fermosa iniciativa co motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Este curso, co motivo desta celebración, entre os centros educativos intregrados no PLAMBE, xurdiu unha iniciativa fermosa chamada "SALVANDO AS NOSAS LETRAS" 
Consistía en escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular o que ocorría na obra cinematográfica de Ray Bradbury, "Fahrenheit 451".
Con esta actividade preténmos difundir a idea de que é imposible destruír a nosa literatura e os valores que  se transmite se somos quen de conseguir que forme parte de nós para sempre.

O noso cole participou nesta inciativa e queremos darvos a coñecer neste día tan especial, este precioso traballo, cheo de simbolismo, que pon en valor a nosa literatura e que une esforzos a prol das nosas letras e da nosa cultura.
Os nosos parabéns a todos os centros que participaron connosco neste traballo e sobre todo a Xarela (Escola Unitaria de Vide) e a Mª Dolores (IES Luis Seoane de Pontevedra), as mestras que recolleron o traballo de todos os colexios, a Jaime Eizaguirre que deseñou os carteis e a todas aquelas outras persoas que, desinteresadamente, colaboraron, organizaron e coordinaron, conseguindo este espléndido resultado.
Estes son os libros "salvados" polos centros na etapa de Educación Infantil:

E estes, os libros "salvados" polos centros na etapa de Educación Primaria:

E esta é a escolma de libros "salvados" polos centros na etapa de Educación Secundaria. Tamén se inclúen os libros "salvados" por Persoeiros da Cultura Galega.


Bueno, e xa para rematar, por hoxe claro, imosvos deixar cun pouquiño de música. Trátase dunha versión do tema "Ti es dos meus" realizada polos alumnos/as de música de 2º de Bacharalato do IES Salvaterra do Miño para participar na iniciativa do Galego Lab (http://www.galegolab.org/) "Agasallo sincronizado para o mundo. Un saúdo para eles dende aquí.

DEBUXANDO CON ABRAHAM CARREIRO

O martes 10 recibimos na biblio a visita do ilustrador vigués ABRAHAM CARREIRO, dentro das actividades dirixidas á promoción da lectura e da creatividade. Abraham debuxou aos personaxes dos seus libros e logo deunos unha pequena clase de debuxo na que nos falou de como se deseña un personaxe, das expresións corporais, das expresións faciais e de todo o que ten que ver co proceso de ilustración dun libro.
Ainda que os nosos rapaces e rapazas se fartaron de facerlle preguntas sobre o seu traballo, si pinchades AQUÍ podedes ler, unha entrevista que lle fixeron os rapaces doutro colexio e AQUÍ outra máis
Abraham tamén nos deuxou os seus debuxos firmados e dedicados para o noso cole e por suposto firmou moitos autógrafos aos rapaces e rapazas máis interesados. Incluso se prestou a debuxar á nosa Rosiña.
Aquí tedes o resumo en imaxes da súa visita.


martes, 10 de maio de 2011

HOXE SAÍMOS NA VOZ DE GALICIA

Por fín, hoxe sacaron a noticia da inauguración na Voz de Galicia.  Pinchade na imaxe se queredes lela.


Xa por último e para acabar de pasar páxina no tema da inauguración, aquí tedes un Resumo Fotográfico cun pouquiño de música. Esperamos que vos guste.
Queremos dar as grazas desde aquí ao noso xefe de estudos, David, por renunciar a disfrutar do momento e realizar esta bonita reportaxe fotográfica.

luns, 9 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2001: LOIS PEREIRO

Como ben sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta Lois Pereiro. No Equipo de Biblioteca estivemos recompilando unha chea de recursos para traballar nas aulas. Pincha no debuxo para acceder a eles.
Tamén atoparás un acceso permanente a esta páxina no menú de navegación do panel lateral.

Sacádelle todo o partido que poidades ás actividades e disfrutade dos vídeos.

CHARLA DE ANGEL CARRACEDO SOBRE O FONDO MARIÑO PARA O ALUMNADO

Para rematar este día tan importante para nós, D. Ángel Carracedo ofreceu unha charla na biblioteca para os nenos e nenas de Infantil e Primaria, na que proxectou diapositivas feitas por el mesmo do fondo mariño, pois este curso estamos traballando nun proxecto interdisciplinar sobre o mar como tema central. Angel é un gran apaixonado do mar e un experto mergullador. E así, entre preguntas inxeniosas e caras de asombro dos nenos contemplar esas marabillosas fotografías, e ante as cariñosas explicacións do noso persoeiro, rematou un día tan intenso como emocionante.
VÍDEO 1


VÍDEO 2


VÍDEO 3


VÍDEO 4


VÍDEO 5