domingo, 28 de febreiro de 2010

BENVIDA


“Todos os libros do mundo
non che dan felicidade
pero condúcente en segredo
ata ti mesmo.

Ali encontras todo o que necesitas,
o sol, as estrelas e a lúa
pois a luz que ti buscas
habita en ti mesmo.

A sabedoría que buscaches
nas librerías
reluce en cada páxina…

E agora é túa.”


Con esta cita de Hermann Hesse traducida ao galego o Equipo de Biblioteca quere darvos a benvida ao blogue da nosa biblioteca. Disfrutadeo e participade !!!

1 comentario:

  1. Ola, Rosiña:
    Unha chea de nenas e nenos do colexio de San Cosme aprenderon a ler comigo. Que marabilla que agora a biblioteca teña un fío na arañeira mundial!

    ResponderEliminar