ALEJANDRO PACIOS foi, con 11 anos, alumno da profe Asun cando fixo as prácticas de Maxisterio no seu pobo, Vegadeo, en Asturias fai uns cantos aniños.
Hoxe en día, Alejandro é licenciado en Belas Artes e productor audiovisual. Actualmente está preparando o seu doctorado. Ademáis no 2011 decidiu converterse nun xoven emprendedor e montou a súa propia empresa Objetivo 7 producción editorial
Recentemente Alejandro viaxou a Groenlandia para grabar e producir un documental sobre o POBO INUIT xunto co arqueólogo Santiago D. Domínguez quen está preparando unha tese sobre os distintos tipos de caza na historia.
Alejandro, que vive e traballa en Cuenca, prestouse a grabar un pequeno vídeo para nós coa intención de acercarnos á cultura inuit, tan lonxana e descoñecida. A intención inicial era facer unha video-conferencia con el, pero a velocidade da nosa liña de internet é tan tristemente baixa que non foi posible (a ver se alguén con algún tipo de responsabilidade neste tema, le isto)
O vídeo está dedicado especialmente aos nenos e nenas de 1º ciclo que estiveron investigando e traballando nun proxecto sobre esta cultura.
Toda a comunidade educativa do C.E.I.P. Víctor Sáenz quere agradecerche, Alejandro, que fixeras este esforzo tan especial para nós tendo, como sabemos que tes, unha axenda tan apretada. As portas do noso centro estarán sempre abertas para tí e invitámote a visitarnos cando ti queiras. Xa estás nos nosos corazóns!
Grazas, Alejandro!!
Por certo, a profe Asun dí que che perdoa por chamarlle Aurora!!!
Moitos Bicos dende Mazaricos!!
Por certo, a profe Asun dí que che perdoa por chamarlle Aurora!!!
Moitos Bicos dende Mazaricos!!
Vídeo sobre os Inuits de Alejandro Pacios from bibliotecavictorsaenz2 on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario