mércores, 23 de febreiro de 2022

MÚSICA PARA O "DÍA DE ROSALÍA"

Ola!!!

Entre as actividades programadas para homenaxear á nosa gran escritora Rosalía de Castro estaba a de cantar os seus poemas, musicados nesta ocasión por Marcos Truque Matruque, que nos fixo pasar un rato moi entretido. Acompañado pola guitarra, o ukelele, unha turuta e diferentes bases rítmicas, a voz de Marcos animounos a cantar con el versos de Rosalía, algúns en estilos tan modernos coma o reggae ou hip hop. Podedes ver as fotos premendo sobre a imaxe.

O día estivo estupendo para cantar ao aire libre!

Rosiña

Ningún comentario:

Publicar un comentario