mércores, 14 de abril de 2021

O MUSEO DO POBO GALEGO ACHÉGANOS O MAR

A experiencia marítima foi todo un éxito.
Esta mañá realizamos un obradoiro moi especial no cole, no cal partipou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Estaba dividido en dúas partes: a primeira delas consistía nunha visita virtual ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e a segunda nun obradoiro que se impartiu no patio cuberto do centro. A visita ao Museo fixémola acompañadas de Carmiña, unha rapaza que leva moitos anos traballando neste importante edificio compostelá, quen nos explicou onde estaba situado, que era o que podiamos atopar no seu interior, destacando a famosa escaleira helicoidal, etc. Despois centrouse xa na sala adicada ao mar, preparándonos para o obradoiro posterior. 

A segunda parte foi moito máis práctica, e para iso contamos con Balti, un rapaz enérxico e moi simpático que nos contou un montón de segredos relacionados co mar: embarcacións, aparellos, práctica da pesca, etc. Aprendemos e divertímonos moitísimo grazas a este excelente obradoiro, polo que queremos felicitar ás persoas responsables da súa organización e ao Museo do Pobo Galego por facer posible este tipo de achegas culturais aos centros educativos. Moitísimas grazas!!!!

Premendo sobre a imaxe podedes ver todas as fotos.

Rosiña

Ningún comentario:

Publicar un comentario