venres, 29 de marzo de 2019

FORMACIÓN EN RADIO ROSIÑA

"On air" estivo prendida durante toda a mañá do 28 de marzo.
Este xoves regresou Luís a "Radio Rosiña", para adicar unha nova xornada de formación ao alumnado de Primaria. O horario repartímolo entre os diferentes grupos para que todas e todos puideran gravar algún programa. E aquí está o resultado!!! Foi unha mañá estupenda na que as nenas e nenos do cole demostraron que son auténticas/os profesionais da radio, así que estou encantada de poder compartir con todas as persoas que nos siguen a través das ondas os programas que emitiron coa axuda de Luís, a quen queremos agradecer de corazón a súa colaboración!!! Foi un pracer abrir o noso estudio para compartilo contigo, Luís!!!!
En 5º e 6º gravaron o programa "Somos millonarios", porque están convencidos de que quenes falamos galego temos un tesouro que debe enchernos de orgullo. A primeira quenda deste programa realizárona Paula Barcia, Pablo, Jorge Lema e María José, que saíu así de ben:



A segunda quenda correspondeulles a Paula Maneiro, Joel, Alejandro e Samuel, que o fixeron así de ben:


E a terceira quenda sentou nos micrófonos de "Radio Rosiña" a Nerea, Jorge Otero, Daniela e Miguel, que tamén se esforzaron moito:


En 1º e 2º prepararon o conto de Eva Mejuto "Maruxa", que dramatizaron para "Radio Rosiña" Alicia, Íker, Ángel, Lucía, Soraya, Luzdivina, Guille, Pablo, Anxo e Uxía. Non vos perdades esta historia tan interesante:
 
 

Enadicaron a sesión a un medio de transporte que nos gusta moito no cole: o tren. Nesta ocasión, dirixe o programa Luís, e participan as nenas e nenos de 4º: Paula López, Brais Carreira, Alba e Andrea.
 
 
Por último, a participación de , que marabillou a Luís por todo o que lle contaron relacionado cun poema de Antonio García Teijeiro adicado ao tren e coa canción de Andrés do Barro que o curso pasado aprenderon co profe Óscar Brais Capelo, Mai, Sara, Martina, Aroa, Xoel e Paula Pereira, quen non puido participar na gravación do programa. Sen embargo, seguro que lle encantará escoitalo, como ao resto das persoas que tivemos xa a sorte de facelo. Dádelle ao play:
 
 
NORABOA A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPASTES CON TANTO ENTUSIASMO NESTA SESIÓN TAN ESPECIAL, E MOITÍSIMAS GRAZAS A LUÍS POLA SÚA APORTACIÓN PARA QUE "RADIO ROSIÑA" SIGA MEDRANDO!!!
 
Ademais dos podcast, podedes ver as fotos que fixemos no estudio premendo sobre a imaxe ou AQUÍ.

xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA 2019

Hoxe comeza a primavera e celebramos o "Día Mundial da poesía". Tamén é o "Día Mundial do Síndrome de Down", e nós temos a grande sorte de coñecer unha persoa marabillosa á que queremos moito e á que queremos adicar este vídeo:


Como vos escribín a carta falándovos da actividade para conmemorar o "Día da Poesía", tamén vola deixo dispoñible aquí, así como o modelo do marcapáxinas deste curso:





Repartiredes un feixe de sorrisos a moitos fogares de Mazaricos, seguro!!!!

mércores, 20 de marzo de 2019

UNHA EXCURSIÓN MARABILLOSA

Esta semana está chea de acontecementos: o Día do Pai, o inicio da primavera, o Día da Poesía ou o Día do Síndrome de Down son algúns dos temas nos que centraremos as nosas conversas e actividades nas clases e tamén fóra delas. Sen embargo, este luns fixemos unha viaxe que dificilmente esqueceremos!!! Viaxamos a Santiago de Compostela para asistir á representación teatral da compañía Elefante Elegante "A danza da choiva" no Teatro Principal. Esta obra lanza unha pregunta moi seria e preocupante: que sucedería se de pronto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Aos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º gustoulles moito e seguro que vos poden falar sobre esta premiada obra que mestura o teatro xestual, a danza, os títeres... Despois da representación, deron un paseo polas rúas da zona vella de Compostela, e percorreron tamén parte dun dos lugares máis bonitos da cidade: a Alameda, onde nos reunimos todas para xantar. (Premendo na imaxe podedes ver máis fotos)

Infantil, 1º e 2º pasearon pola Alameda compostelá despois de ir ao Teatro Principal.

Por outra banda, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tiña programadas dúas visitas. A primeira delas foi tal vez unha das máis máxicas que temos realizado: entrar no laboratorio de Ángel Carracedo!!! Non todo o mundo ten a posibilidade de coñecer un lugar así, xa que os laboratorios non son espazos turísticos. Ángel, a pesar de todo o traballo que ten, ofreceuse a guiarnos polo seu laboratorio, contándonos como traballan nel, explicándonos que instrumentos empregan e como funcionan algúns deles, presentounos a moitas das persoas que se adican a investigar sobre temas relacionados coa xenética, etc. Para todas as persoas que tivemos o grande pracer de compartir con el unhas horiñas do pasado luns, sabendo que apenas ten tempo libre debido á súa grande carga de traballo, sentímonos moi privilexiadas de poder engadir ás nosas vidas esta tremenda experiencia. Dificilmente imos esquecer o que supuxo para moitas de nós, e moitas persoas xa amosaron o seu agradecemento por levar adiante esta invitación do noso querido padriño Ángel Carracedo. Non é para menos!!! Ata unha porquiña coma min está impresionada coa vivencia e está pensando en adicarse á ciencia. Ao mellor tamén algún ou algunha de vós acaba elixindo no futuro un camiño científico... Quen sabe!!! (Premede na imaxe para ver máis fotos)

Ángel rodeado por todos/as nós no seu laboratorio.
Despois de coñecer o laboratorio de Ángel, visitamos o Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, onde nos explicaron moitas das cousas que se poden observar no espazo desde a Terra a través de fotografías e vídeos. Ademais, puidemos ver tamén que aparellos empregan neste singular edificio para estudar todo o relacionado con esta temática, así como outros destinados ao estudo da meteoroloxía. Premede AQUÍ para ver as fotos que fixemos no Observatorio.

Foi esta unha viaxe moi interesante e intensa, que rematou co xantar e os xogos no parque da Alameda. 

Moitísimas grazas a Ángel Carracedo e a todo o seu equipo, que tan ben nos recibiu a pesar de que a nosa presenza interrumpiu o seu traballo cotiá: Eva, María e por suposto, Ángel... Esta viaxe foi máxica grazas a vós!!!

venres, 15 de marzo de 2019

AS VACINAS DO BO TRATO EN "RADIO ROSIÑA"

Xa podemos escoitar as vacinas que preparastes nas vosas clases!!!! E lembrade que as probamos todas e funcionan perfectamente, así que non debedes esquecer tomalas na dose que cada grupo recomenda!!!!
Para aquelas persoas que teñan problemas de memoria, lembrade que estarán dispoñibles en "Radio Rosiña" para escoitalas sempre que queirades, ademais de que podedes descargar o podcast e levalo a calquera lugar...
Aquí está a que crearon en Infantil:



En 1º e 2º de Primaria preparáronos esta fórmula:


En 3º e 4º de Primaria tamén teñen unha vacina máxica:


En 5º e 6º de Primaria non teñen dúbida de que funciona a súa fórnula:


Eu podo confirmarvos que as probei todas, e dependendo da situación, prefiro tomar unha ou outra, pero por suposto que funcionan!!!!!



PROTESTA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

A xornada de hoxe está sinalada en todo o mundo para moitos/as mozos e mozas. Este mércores coñeciamos a noticia a través dun artigo que escribiu Antonio Sandoval en "La voz de la escuela", o suplemento que vén no periódico "La Voz de Galicia" cada mércores do curso escolar. O citado escritor fala da grande contradición que se vive na actualidade, onde moitas veces observamos que ao tempo que máis xente nova se comporta con sensatez e compromiso, moitas persoas adultas fan exactamente o contrario...
No noso cole levamos anos intentando facer que a nosa pegada no medio ambiente sexa o menor posible. Tamén a nivel mundial hai moitos colectivos de persoas que adican esforzos enormes a que este problema de todos (o cambio climático) se poida deter. Temos que comezar a pensar que o noso planeta non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos e fillas, como di un proverbio hindú.
A continuación tedes a ligazón para ler a noticia de Antonio Sandoval, que nos debería facer reflexionar e poñernos xa en actitude de actuar fronte a algo tan grave como a destrución do noso fermoso planeta.

Noticia de "La voz de la escuela" sobre o cambio climático.

xoves, 14 de marzo de 2019

NOVIDADES EN "RADIO ROSIÑA"

"On air" en "Radio Rosiña"
"Radio Rosiña" está de estreno: esta semana instalouse o cartel "ON AIR", que se acenderá cada vez que nos atopemos gravando na nosa radio. Así, trataremos de manter moitísimo silencio no corredor do cole, ademais de non abrir a porta da radio ata que remate o proceso de gravación.
Podedes ver o ben que queda premendo sobre a imaxe:



luns, 11 de marzo de 2019

QUEIMA DO MECO PARA DESPEDIR O ENTROIDO

Momento da queima do Meco.
Coa queima do Meco despedimos o Entroido. Esta celebración, que adoita ter lugar o mércores de cinza, no cole sempre é aprazada debido ás vacacións. Nesta ocasión, ademais, tampouco puidemos facelo ao regreso das mesmas debido á chuvia do xoves e á convocatoria de folga do Día da Muller. Por ese motivo, esperamos ata hoxe para xuntarnos no patio do cole e facer a queima do Meco durante a tarde. 
Premendo sobre a imaxe podedes ver todas as fotos!!!


sábado, 2 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Rematamos a nosa festa do Entroido!!! Agora quedan uns días para pasalo estupendamente coas nosas familias e amigos/as, percorrendo os distintos lugares nos que se celebra unha das nosas festas preferidas. Espero que o pasedes tan ben coma o pasamos no cole, entre disfraces, comidas típicas e parladoiros nos que o sorriso sempre estea presente!!!
Moitísimas grazas por compartir connosco esta xornada e por colaborar na súa celebración!!! Premede sobre calquera das seguintes imaxes para ver todas as fotos do noso Entroido científico:

Científicas e científicos de Infantil
En 1º e 2º convertéronse en instrumentos propios dun laboratorio profesional
O equipo de meteoroloxía do cole saíu de 3º e 4º
Donald Trump e Vladímir Putin capitaneaban aos e ás astronautas de 5º e 6º
A mami máis entroideira sempre deixa o listón moi alto 
O momento das piñatas sempre é unha alegría
E as sobremesas que achegastes todas as familias estaban exquisitas!
Vémonos o próximo xoves, 7 de marzo!!!!