Pois xa rematou o 1º trimestre. Que rápido pasa o tempo!!! Parece que hai uns días que coñecín ás novas rapaciñas de 3 anos (Olalla, Ainhoa e Laura), que dei a benvida aos novos mestres do cole (Patricia, Andrés, Chus e Óscar)... E xa van alá 3 meses!!! E que mellor maneira de despedir o trimestre e o 2016 que facendo unha festa? Nesta ocasión, o tema do proxecto non era nada novidoso para un festival, xa que nel sempre soa a música. O programa de hoxe foi o seguinte:
Nesta ocasión tamén puidemos engadir algunhas sorpresiñas. Entre elas, os
grupos de guitarra e ukelele que ensaian co profe Óscar, e que nos emocionou moito velos no escenario!!! Ademais, o
avó de Brais e Anxo aceptou a nosa invitación para tocar a gaita para todos nós, o cal foi un auténtico agasallo, especialmente para Anxo, que hoxe estaba de cumpreanos. Tamén foi moi bonito ver á maioría dos
mestres e mestras, xunto coas cociñeiras
Lourdes e Mariví, cantando unha canción para o público asistente. Se a todo isto engadimos uns
estupendos presentadores, a visita de
Papá Noel con agasallos para todos e a gran cantidade de
familiares e amigos/as que viñeron vernos, só podo dicir que foi un festival moi fermoso, familiar e, sobre todo, feito con moito cariño. Para todas as persoas que esta mañá nos reunimos, e para todas aquelas que nos vexan e lean dende o blog, van os meus mellores desexos para o vindeiro 2017. Desfrutade moito das vacacións e aproveitádeas todo o que poidades!!! Ao longo destes días intentarei ir subindo ao blog os vídeos que gravamos, pero mentras tanto, podedes ver as fotos que fixemos esta mañá premendo
aquí.
Vémonos o 9 de xaneiro do 2017!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario