venres, 13 de febreiro de 2015

UN ENTROIDO DE CINE

Así foi como celebramos nesta ocasión o noso Entroido: convertendo o cole nun plató cinematográfico de grandes estrelas mundiais. Despois dunha semana na que o Meco nos foi anunciando día tras día os diferentes mandadiños, o venres chegou o momento de vestir os disfraces elaborados en cada aula para esta festa tan divertida e chea de cor. Cada grupo do cole inspirouse en diferentes personaxes de películas ben coñecidas, en actores... Tamén houbo sitio para un pirata moi atento e dous venecianos imprescindibles. E mesmo houbo algunha mamá que se animou tamén a disfrazarse seguindo a temática proposta e chegou transformada nun coñecido director de cine español. Fantástica!

O desfile, debido ao mal tempo, tivo lugar no comedor. Alí xuntámonos todas as persoas asistentes para ver: 
-as cartas de póquer de "Alicia no país das marabillas" de Ed. Infantil
-os Charles Chaplin do 1º ciclo
-as súper-heroínas e súper-heroes de 3º curso
-os Míster Fogg e Passpartout de "A volta ao mundo en 80 días" de 4º curso
-as diabólicas Annabelle e os terroríficos Billy de 5º curso
-e a un fantástico "remexolo" de personaxes de 6º curso: Mary Poppins e o desenfeluxador, Harry Potter, Superman, Indiana Jones, Minnie Mouse, a princesa Leia e Han de "Star Wars", Sandy Olsson e Danny Zuko de "Grease" e o Gandalf de "O señor dos aneis". 

Despois, cantamos as coplas compostas para a ocasión, rompemos as piñatas e probamos as exquisiteces achegadas polas familias. Aquí tedes as imaxes dunha xornada de película:

Ningún comentario:

Publicar un comentario