domingo, 27 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ 2013

O mércores celebraremos o día da Paz no noso cole!
Estes días estamos traballando este tema nas aulas a partir da nosa páxina de recursos elaborada dende a biblioteca onde se poden atopar unha chea enlaces, bibliografías, vídeos, xogos, música,... Pincha na ilustracción para acceder:
 Dende o CEIP MESTRES GOLDAR de Vigo nos chega esta actividade LIM elaborada pola mestra Julia González para traballar esta celebración tan importante. Enviamoslle o noso agradecemento dende aquí e todo o noso cariño. Gracias Julia!



A biblioteca tamén preparou unha exposición de fondos relacionados con este tema para que poidades atopalos facilmente.

O alumnado de algunhas clases está vendo a película "Gandhi" que nos amosa a vida desde gran loitador hindú. A película é moi longa así que proxéctase un pouco todos os días e vaise intercalando con explicacións dos profesores. Os rapaces e rapazas de 4º están especialmente interesados na vida deste gran activista pois están realizando un traballo documental sobre a Cultura da India.



Desde a clase de música tamén  estamos preparando unha canción Apertas que voan de Paco Nogueiras Nodar, un músico galego que compuxo este tema pensando na celebración do próximo 30 de xaneiro: o día da PAZ. A ver se a cantamos ben forte para que todos/as se enteren de que as cousas que nos diferencian non deberían ser impedimento para facer amigos e para quererse. Entre todos conseguiremos que as nosas apertas cheguen aos cinco continentes!!! Que voen!!!



 Outra das iniciativas que estamos levando a cabo consiste en preparar unha gran pomba da paz entre todos os grupos do cole. Cada grupo encárgase de decorar unha parte da pomba como máis lle guste e de por enriba a palabra PAZ no idioma da cultura que están investigando na clase. Xa vos amosaremos o bonita que queda a nosa pomba cando esté rematada. A que xa estades dexesando vela?

Ningún comentario:

Publicar un comentario