mércores, 15 de febreiro de 2012

Falece Germán Sánchez Ruipérez


O día 12 de febreiro faleceu aos 85 anos de idade, D. Germán Sánchez Ruipérez, fundador do grupo Anaya e de Edicións Xerais de Galicia (co seu socio Xulián Maure). Era un home que estaba moi ligado ao mundo da educación, da lectura e da cultura. En 1981 fundou a instución que leva o seu nome: a FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ, dedicada á actividade educativa e cultural e centrada na difusión e extensión da cultura do libro e da lectura. Os seus proxectos teñen como obxectivos promocionar o acceso ao dereito á lectura, a experimentar con novas formas de lectura e novos modelos de xestión da biblioteca e do traballo cos contidos na educación.

Coa morte de Germán Sáenche Ruipérez, a cultura e a educación perden a un dos seus grandes mecenas e valedores do último medio século. Así o reseñan tanto en España como no estranxeiro, personalidades dos ámbitos da cultura, a educación, a política, a economía, os medios de comunicación social, os seus amigos, e todos aqueles que o lembran como o creador de Anaya, editorial cuios libros de texto foron e son empregados nas ecolas por xeneracións de escolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario