O venres 19 aqueles alumnos de 5º e 6º que voluntariamente querían ser axudantes de biblioteca tiveron unha reunión coas profes de biblio para coñecer cales eran as súas funcións e firmar un contrato de axudantes como os dos de verdade.
Aquí os tede a todos. En cada recreo (o da mañá e o do mediodía) haberá dous axudantes de garda todos os días que identificaredes polos seus vistosos chalecos.
Eles son agora os encargados de que todos cumplamos as normas da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario