Bos días!!!
mércores, 15 de setembro de 2021
ANUNCIAMOS O PROXECTO DO CURSO 2021-2022!!!
luns, 13 de setembro de 2021
PROTOCOLO DE ACCESO Á BIBLIOTECA
Bos días!!!
Como xa sabedes, a biblioteca do cole está aberta durante toda a xornada escolar, e durante o recreo da mañá poderedes facer uso dela para ler, buscar información, consultar internet, compartir xogos con outros nenos e nenas, elixir libros para levar, etc.
Lembrámosvos que seguiremos co protocolo que publicamos o curso pasado, polo que aquí volo amoso coas modificacións realizadas:
Unha aperta,
Rosiña
mércores, 8 de setembro de 2021
INICIAMOS O CURSO 2021-22
OLA, RAPACIÑAS E RAPACIÑOS!!!
Aquí estou de novo!!! Despois destes meses de vacacións, teño moitísimas ganas de vervos e de comezar un novo curso con todas e todos vós. Sodes a alegría do cole, e mañá este edificio encherase de vida coa vosa presenza, así que vos agardo impaciente... Espero que veñades con tanta ilusión coma min, e para dar a benvida a este novo curso, déixovos aquí unha canción que me gusta moito de Miriam Makeba, coñecida tamén como Mamá Afrika. Titúlase "Pata pata" e ten un ritmo tan apegadizo que estou segura vos fará bailar e cantar sen pensalo. Apertas enormes e ata mañá!!!!
martes, 29 de xuño de 2021
ATA SETEMBRO!!!
OLA, RAPACIÑOS E RAPACIÑAS!!!
Como estades? Espero que xa desfrutando das vacacións e aproveitando moito ao aire libre... Eu tamén o estou facendo, pero hoxe achegueime ata o cole e atopei unha sorpresa que quero compartir con todas: UN VÍDEO DAS NENAS E NENOS DE INFANTIL!!! Si, seica os últimos días quixeron despedirse do curso contándonos algunhas cousiñas que lles pareceron moi interesantes, e gravaron este vídeo coa profe Elena, para que poidades velo todas as familias, así que aquí volo deixo:
Vémonos en setembro!!!!
Unha aperta enorme,
Rosiña
xoves, 24 de xuño de 2021
DESPEDIMOS O CURSO 2020-21
Aquí vos deixo as fotos que fixemos o pasado 22 de xuño, o día que despedimos este curso tan diferente. Afortunadamente, a situación da pandemia foi mellorando e iso animounos a preparar unha pequena festiña á que invitamos ás familias do alumnado e a algunhas persoas que apreciamos moito no centro. Foi un acto sinxelo, feito con cariño, o mesmo que sentimos tamén por parte de todas as persoas que puidestes acompañarnos.
O alumnado de 6º presentou as actuacións que se realizaron no escenario, entregáronse os diplomas e orlas aos nenos e nenas que rematan Educación Infantil e aos rapaciños e rapaciñas que xa marchan para o Instituto...
Aproveitamos tamén a presencia de Beatriz e Lorena, delegada e representante da ONG "Ayuda en Acción", para agradecer publicamente a súa implicación co noso centro dentro do programa "RTV Enxebre":
E despois reunímonos no patio do cole para desfrutar da actuación de Peter Punk "Punkdemia".
Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos que fixemos durante esta xornada, na que o mellor de todo foi, sen dúbida, que nos acompañarades coa vosa presenza!!!
| O grupo de 6º encargouse de presentar o acto de fin de curso. |
Unha aperta enorme e moi bo verán para todas!!!!
Rosiña
LIBRO DE PAXAROS
Regreso agora cunha novidade máis!!! En Educación Infantil tamén queren ensinarnos o moito que saben de paxariños, así que aquí vos deixo esta interesante recollida que, a modo de diario, fixeron durante o tempo que estivemos confinadas na primavera de 2020 e que titularon "Libro de paxaros". Despois deste curso, agora xa saben moitísimo máis, pero este traballiño ben é merecedor dun forte aplauso, porque lles quedou realmente fermoso...
Quero lembrarvos que, ao ser do curso 2019-2020, algunhas das súas páxinas están realizadas por nenos e nenas que xa están en 1º de Primaria, así que non volo perdades....
Premede sobre a imaxe para atopar algunhas das aves que viven no noso entorno:
![]() |
| O "Libro de Paxaros" de Infantil |
Apertas,
Rosiña
AVES QUE VIVEN PRETO DA AUGA
Ola de novo!!!
Como xa sabedes, entre as actividades realizadas durante este curso estaba un pasapalabra que nós chamamos "Rosiñapalabra", que fixeron nas aulas de Primaria e gravaron en tres vídeos que podedes atopar no blog. O de 3º e 4º, centrado nas aves que viven preto da auga, vai acompañado deste traballo escrito no que participaron todas as nenas e nenos desa aula. Seguro que queredes velo, así que aquí volo deixo:
![]() |
| Preme aquí para coñecer esta magníficas aves |
Apertas!
Rosiña
mércores, 23 de xuño de 2021
AS AVES E OS ODS
Como moitas de vós xa sabedes, os Obxectivos de Desarrollo Sostible son as metas que varios países pretenden acadar para o ano 2030. En 5º e 6º, nas clases de Valores, pensaron que podían unilo ao tema das aves, e fixeron un traballiño que acaba de saír da imprenta... Nel recollen cada un deses obxectivos e tamén unha ave que, por algunha das súas características, ensínanos que é posible conseguilo. Se queredes velo non tedes máis que premer na imaxe:
![]() |
| As aves, unha salvación ao noso planeta. |
En hora boa a Mai e Ramiro, de 5º e 6º de Primaria, que se esforzaron moito nesta tarefa.
Apertas,
Rosiña
SANCOSMEIRO E GUÍA DE LECTURA
Ola!!!
A última semana do curso entregamos o nº 33 da revista "O Sancosmeiro", que recolle moitas das actividades que realizamos ao longo do curso. Xa sei que a tedes nas vosas casiñas, pero tamén vola deixo aquí, para que poidan lela outras persoas que non teñan acceso a ela:
![]() |
| Sancosmeiro 33 |
E a guía de lectura na que aparecen novidades que podedes ler durante estes meses de vacacións:
![]() |
| Guía de lectura |
Unha aperta enorme,
Rosiña
martes, 22 de xuño de 2021
ORNITÓLOGAS E PIONEIRAS
Ola!!!
Outro traballo que chega coa fin do curso: un vídeo realizado en 5º e 6º de Primaria sobre un traballo de investigación adicado a mulleres ornitólogas. Partindo da celebración do "Día da nena e a muller na ciencia", e unido ao "Día da muller", quixeron centrar o seu estudo en mulleres que estiveran moi relacionadas co mundo das aves, e que ademais destacaran nalgún aspecto determinado. Así, aquí atoparedes sobre todo mulleres estadounidenses, pero tamén unhas cantas de España e unha latinoamericana coa que tiveron a sorte de conversar. Espero que aprendades moito e que vos resulte tan interesante como a este grupo, a quen dou tamén a en hora boa:
Unha aperta,
Rosiña




