En 3º e 4º tamén fixeron unha entrevista ao novo compañeiro deste curso: Ismael. Así que entre todas e todos prepararon unhas preguntas que Ismael respondeu con moita naturalidade neste terceiro programa do curso de "Entrevistas Porquiñas". Podedes escoitala aquí:
venres, 18 de outubro de 2019
mércores, 16 de outubro de 2019
COMEZAMOS OS PREPARATIVOS PARA O SAMAÍN
Falta pouco para celebrar a primeira festa do curso, así que aquí vos deixo a cartiña que esta mañá enviei a todas as clases, na que se convoca o "X Concurso de Relatos de Medo" do Samaín. Imaxino que serán moitas as historias que deixaredes no meu buzón, pero por se alguén está dubidando en participar, nada diso!!!! Todas as persoas sodes capaces de contar algunha historia, estou segura, así que deixade voar a vosa imaxinación e adiante con eses relatos!!!
Podedes ler a carta tamén aquí:
Etiquetas:
celebracións,
concurso de redacción,
Curso 2019-20,
Mazarico le co pico,
Samaín
martes, 15 de outubro de 2019
E O LEMA ELIXIDO É...
Xa temos o LEMA que máis votos recibiu para o proxecto deste curso, un proxecto que xirará arredor das AVES, eses animais que nos acompañan cada día co seu canto, que nos marabillan cos seus voos, que nos sorprenden co seu comportamento...
MAZARICO LE CO PICO
Gústavos? A verdade é que é moi musical!!!! A min encántame, aínda que nin eu nin vós lemos co pico... E o nome do noso paxariño como representante de todas as aves do mundo; menuda sorte que vai ter o mazarico!!! A partir de agora queda deseñar o cartel que acompañará estas sonoras palabras, así que estade ben atentas a todo o que vaiamos amosando nos vindeiros días!!!
Etiquetas:
Curso 2019-20,
Mazarico le co pico,
proxecto integrado
venres, 11 de outubro de 2019
CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS
Mañá, 12 de outubro, celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias, como xa vos anunciei hai varios días. Como é sábado non estaremos no cole, polo que adiantamos a súa celebración este venres. Para iso xuntámonos no patio do cole, onde falamos un pouquiño sobre as aves migratorias e lemos un texto sobre unha das máis coñecidas por todas nós: as anduriñas. Podedes lelo de novo premendo AQUÍ.
| Ao pé do castiñeiro falamos das aves migratorias. |
Estaremos moi atentas a todos os cambios que se vaian producindo, e anunciarémolos con grande emoción!!!
E, para rematar a xornada, vimos unha fermosa película na que tamén as aves son as protagonistas: "Voando libre"!!!
E, para rematar a xornada, vimos unha fermosa película na que tamén as aves son as protagonistas: "Voando libre"!!!
Premede na imaxe para ver todas as fotos.
Etiquetas:
celebracións,
Curso 2019-20,
Día Mundial das Aves Migratorias,
natureza
xoves, 10 de outubro de 2019
ENTREVISTA EN RADIO ROSIÑA
Pois de novo "Radio Rosiña" emitiu hoxe un novo programa de "Entrevistas Porquiñas", do que nesta ocasión se encargaron as nenas e nenos de 5º e 6º. O motivo? Pois, ao igual que en 1º e 2º, quixeron dar a benvida a Ramiro, un rapaciño chegado de Uruguay hai pouquiño tempo. No grupo pensaron algunhas preguntas para facerlle na nosa radio, e ademais tiñan xa moitas ganas de visitala neste novo curso!!! E así de ben o fixeron:
venres, 4 de outubro de 2019
POMPAS DE XABÓN NA CASA DA CULTURA DE A PICOTA
Rematamos esta semana cunha saída á Casa da Cultura de A Picota, para asistir a un espectáculo de pompas de xabón para todos os
públicos.
| Retratámonos cos Fabulosos Cleaners ao rematar a actuación. |
"Os Fabulosos Cleaners" son dous operarios de limpeza do teatro, que descobren por casualidade as
múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo
combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenden unha
excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. Durante o espectáculo gozamos con estas máxicas burbullas: pompas
transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo
escenario. Divertímonos moito neste máxico mundo cheo de cor e de moito humor!
Premendo sobre a imaxe podedes ver as fotos e os vídeos desta primeira saída do curso.
Etiquetas:
Curso 2019-20,
saídas didácticas
xoves, 3 de outubro de 2019
LANZAMOS O PRIMEIRO RETO CONTRA OS PLÁSTICOS DE UN SÓ USO
![]() |
| Rexistro de aula |
Durante estas primeiras semanas de curso estivemos rexistrando os plásticos de un só uso que aquí vos lanzo o PRIMEIRO RETO DO CURSO para este trimestre (comenzamos o luns, día 7): intentar que, polo menos dous días á semana, non traiamos a merenda para o recreo en envoltorios que se tiren no lixo. Tedes un montón de opcións:
traiamos ao cole para a hora da merenda. Moitas e moitos de vós consumides alimentos que veñen envoltos en paquetes que se tiran en canto se rematan. En ocasións é difícil substituílos (iogures bebibles, paquetes de galletas/magdalenas/etc. individuais, zumes...), pero noutras ocasións non é tan complicado (o bocadillo pode vir nun tapper en lugar de envolvelo en papel de aluminio, por exemplo). Así que
-unha peza de froita;
-algún vexetal (cenoria, pemento...);
-un bocadillo;
-un anaco dalgunha sobremesa feita na casa (biscoito, galletas, magdalenas, tortas de avea, etc.);
-froitos secos (noces, améndoas, pistachos, anacardios, dátiles, arandos, etc.), que podemos mercar a granel (mellor sen sal) e traer ao cole nun tapper.
Intentámolo? Así tamén conseguiremos que a vosa merenda sexa máis variada, xa que algunhas das persoas do cole traen sempre o mesmo, 5 días á semana, 20 días ao mes, máis de 150 días ao curso!!!
Imaxinas que no comedor todos os días tiveramos o mesmo menú?
Estou segura de que ao longo do trimestre conseguiremos baixar a cantidade de lixo que xeramos durante o tempo do recreo. Ademais, con iso estaremos facendo un enorme beneficio para o medio ambiente. Este planeta é a nosa casiña, e debemos coidala moito para que siga así de fermosa!!!!
Unha aperta!!!

alimentación,
Curso 2019-20,
medio ambiente,
natureza,
reciclaxe,
Voz Natura
luns, 30 de setembro de 2019
PROXECTO 2019-20 e DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS
Esta tarde deixeivos a cartiña na que anunciamos o proxecto deste curso, que irá sobre as AVES. Imaxino que xa lestes todo o que nel vos conto, pero por se algunha persoa quere relela, premendo AQUÍ podedes acceder a ela.
Ademais, o próximo 12 de outubro celébrase o "Día Mundial das Aves Migratorias", e nesta ocasión non podemos deixar pasar inadvertida esta data, máis aínda cando chega acompañada dun cartel coma o desta ocasión, adicado á protección das aves contra a contaminación dos plásticos.

Mira o seguinte vídeo e reflexiona sobre o que nel se conta:
A organización que promove o envento, a "World Migratory Bird Day" explica dun xeito moi resumido como afecta o plástico ao medio ambiente en xeral e ás aves en particular, ademais de facer unha proposta de cousas que podemos facer todas nós para mellorar o mundo, porque do que si estou convencida é de que todas os actuacións deixan pegada, así que o que fagamos IMPORTA!!!
Pensa/pensade nunha proposta coa que poidas/poidamos comprometerte e depositádea na caixa que se colocará a vindeira semana (do 7 ao 11 de outubro) na entrada da biblioteca.
Por último, quería dicirvos que entre os socios do "Día Mundial das Aves Migratorias" atópase unha das científicas máis importantes do mundo, JANE GOODALL, quen tamén fai unhas declaracións moi interesantes sobre este tema.
Etiquetas:
aves,
celebracións,
Curso 2019-20,
Día Mundial das Aves Migratorias,
natureza
venres, 27 de setembro de 2019
FOLGA POLO CAMBIO CLIMÁTICO
Este venres, 27 de setembro, está convocada unha folga a nivel mundial contra o cambio climático. En todos os países do mundo realizaranse concentracións e manifestacións relacionadas con este tema que nos afecta a todas as persoas, pero non só ao ser humano, senón ao conxunto da Terra. Trátase dun tema realmente preocupante, así que tamén no noso cole nos queremos sumar a esta protesta dun xeito colectivo.
Déixovos aquí un vídeo de Greta Thunberg, a rapaciña que o ano pasado comezou unha iniciativa que conseguiu traspasar todas as fronteiras, onde explica como podemos comprometernos con algo tan serio:
Etiquetas:
Cambio climático,
Curso 2019-20,
natureza,
Voz Natura
mércores, 25 de setembro de 2019
CHARLA SOBRE PESCA
Na xornada de hoxe recibimos no cole a David Arcay, a quen convidaron dende o Concello para que dera unha charla para o alumnado de 3º a 6º de Primaria nos centros de Mazaricos sobre a pesca sen morte. David falounos dalgúns dos peixes que podemos atopar nos ríos do contorno, e en que consiste a actividade na que, ademais, el é tetracampión do mundo.
Premendo aquí podedes ver as fotos da xornada, así como algúns vídeos, que se completou cunha demostración no patio e un xogo en equipos.
Etiquetas:
Curso 2019-20,
natureza,
visitas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)