luns, 4 de xuño de 2012

PROXECTO DE INGLÉS

Os rapaces e rapazas estiveron aprendendo unha chea de vocabulario en inglés relacionado co tema dos bosques. Para elo inspirándose nas investigacións que xa estaban realizando nas aulas, dedicáronse a aprender vocabulario relacionado: co lobo, cos mamíferos, cas aves, cos insectos e coas árbores que viven nos bosques, cos beneficios e a protección dos bosques.Do you speak english?
Aquí tedes o seu traballo:

domingo, 3 de xuño de 2012

PROXECTO: OS BENEFICIOS DOS BOSQUES

Os de 6º para o seu proxecto de investigación, decidiron profundizar sobre os Beneficios que teñen os bosques e documentáronse acerca de beneficios directos e indirectos, urbanos e rurais, os productos dos bosques, as plantas medicinales e a producción do papel. Mirade canto aprenderon aquí ou localizade o seu proxecto na biblio!

PROXECTO: CONSERVA O NOSO BOSQUE

Os de 5º estaban moi preocupados pola conservación dos nosos bosques así decidíronse a investigar sobre este tema. Despois de recoller información, seleccionala, reelaborala e maquetala ilustraron e montaron este interesante proxecto que estará á vosa disposición aquí e tamén na biblioteca. Falan de incendios, de contaminación, de desertización, de agricultura ecolóxica, e incluso do noso composteiro... Os expertos da protección dos bosques pronto nos explicaran o seu traballo a todo o resto do alumnado do centro. Esperamos con ansiedade a vosa ponencia!


PROXECTO: ÁRBORES

En 3º quixeron saber máis sobre as árbores dos bosques galegos así que puxéronso mans á obra e remataron este impresionante proxecto  de investigación. Coñecedeas todas? Se tedes algunha dúbida podedes consultala con estes grandes expertos. O seu traballo estará dispoñible na biblioteca:




E como son tan traballadores tamén elaboraron este Herbario tan completo que nos deixou abraiados! Noraboa rapaces por este estupendo traballo!

PROXECTO: INSECTOS

En 4º curso investigaron sobre os insectos. Buscaron información na biblioteca, trouxeron libros da casa, buscaron en internet... Aquí tedes o seu proxecto!! Buscadeo na nosa biblio se queredes velo mellor e xa veredes cando ides aprender!!

PROXECTO: AS AVES

En 2º curso encántanlles as aves e decidiron que o seu Proxecto Documentais titularíase así: AS AVES.
Puxéronse mans á obra e investigando, investigando... mirade que morea de cousas aprenderon destes animais que tanto alegran o bosque cos seus cantos !
Eles son uns expertos, queredes selo vos tamén???
Pois lede o seu traballo con detenimendo e xa veredes cantas cousas ides aprender!

PROXECTO: MAMÍFEROS DO BOSQUE

En 1º temos uns verdadeiros expertos en MAMÍFEROS DO BOSQUE.

Levaron a cabo unha laboriosa investigación sobre os mamiferos que viven no bosque e que lles chamaban máis á atención. Estamos seguros de que os coñecedes a todos pero non sabiades tanto deles como os nosos pequenos investigadores.
Podedes consultalo aquí pero lembrade que estará dispoñible na nosa biblioteca.

PROXECTO: LOBO

Todos os grupos-clase participaron no Proxecto Integrado de este ano: "Sementando bosques de palabras" realizando un pequeno proxecto de investigación.
Os alumnos de Infantil levan varios meses investigando sobre OS LOBOS. Recolleron unha chea de información, seleccionáronna e con ela elaboraron e editaron un fermoso libro que a partir de agora estará dispoñible para todos vos na biblioteca. Queredes ver o seu traballo??? Pois aquí o tedes:


Agardamos con impaciencia o día en que os seus autores nos expliquen todo o que eles aprenderon sobre os lobos. Xa veredes!! Son uns auténticos expertos en lobos!!!!

domingo, 20 de maio de 2012

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012 dedicado este ano á figura de VALENTÍN PAZ ANDRADE organizamos dúas actividades no cole:

1. OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO con TOMÁS RÁBANOS


Pero ... Quen é TOMÁS RÁBANOS??

2. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E DE REDACCIÓN organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Aquí tedes os traballos premiados.
Noraboa rapaces!! Bo traballo!

E tamén os diplomas que se lles entregaron xunto cun regaliño.

Acto de entrega de premios

sábado, 5 de maio de 2012

COMO MIÑA NAI NINGUNHA

Ola rapaces!!! O domingo é un día moi especial para todos. É o DIA DA NAI. Todos lle tedes algo especial agochado para darlle mañá verdade??
Nós tamén queríamos recuperar un vídeo que prepararamos xa fai dous anos para conmemorar este día. Lembradelo???
Adicámollo a todas elas, por ser a persona maís especial para cada un de nós!
POR ELAS QUE NOS DAN A VIDA E FAN DE NÓS BOAS PERSOAS!




E como no!!! A biblio sempre ten algo especial para este día!!!

Aquí tedes algún libro que rinde homenaxe a todas as mamás!!
"Mamá, ti si que me entendes" Teresa Moure. Editorial Galaxia 2009
"Miña nai é fantástica" Nick Butterworth Editorial Xerais
"Vida secreta de las mamás" Beatrice Masini e Alina Marais Editorial Laberinto 2009

"Un mundo de mamás" Marta Gómez Mata. Editorial Comanegra 2009

"Adivina cuanto te quiero" Sam MacBratney Editorial Kókinos 1998



"Mamás del mundo" V.V.A.A. Editorial La Galera 2007




"Eu tamén son fonte". Teresa Moure. Editorial Galaxia. 2008
"Maxia". Charo Pita. Editorial OQO 2011


"Mamás del mundo". V.V.A.A. Editorial la Galera 2007