venres, 25 de febreiro de 2011

1º CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR CON HUMOR SAN VALENTIN 2001

Estas son as declaracións dos alumnos e alumnas participantes no 1º Concurso de Declaracións de Amor con Humor San Valentín 2001. Pertencen a alumnado de 4º, 5º e 6º.
Quen gañará?

xoves, 24 de febreiro de 2011

!º CONCURSO DE DEBUXO " E TI, A QUEN QUERES MÁIS? SAN VALENTÍN 2011

Estes son os debuxos dos alumnos e alumnas participantes no I Concurso de Debuxo "E ti, a quen queres máis" San Valentín 2011. Todos eles son alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.



luns, 21 de febreiro de 2011

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística envíannos esta interesante enlace cheo de recursos para o Entroido (pincha no peliqueiro).
O Equipo de Biblioteca do noso centro agradécelles que compartan connosco estes recursos e tamén a mención que nos fan na súa páxina.

E dende o noso blogue amigo O Recanto de Mik do C.E.I.P. Mestres Goldar de Vigo, chéganos outra das súas proveitosas recolleitas de recursos esta vez sobre o Entroido. (Pincha onde o paiaso). Grazas polo voso traballo.



E para acabar un regaliño. Esta fermosa ilustración de Armando Salas: ilustrador galego nacido en 1946 en Santa Marta de Ortigueira. Fermosa verdade??? De seguro que vos inspira para algún traballiño....
)

GUIA DE AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Aquí tendes a Guía dos Axudantes da nosa biblio.


E tamén o CONTRATO que deben firmar para ser AXUDANTES.

xoves, 17 de febreiro de 2011

BUSCAMOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA


Preme aquí para abrir a SOLICITUDE

venres, 11 de febreiro de 2011

LECTURAS CON CORAZÓN

E aquí tedes a nosa Guía de lecturas do San Valentín. Chámase LECTURAS CON CORAZÓN.

Agora tan só falta que elixades o voso libro máis e que o disfrutedes con todo o corazón.

UN POLBO NAMORADO

Como estamos a traballar o tema do Mar, na biblio onte fomonos todos a visitar o ACUARIO DA CORUÑA e algúns dos nosos rapaces din que viron un polbo que andaba un pouco nervioso. Estaría namorado???.
Será este o polbo que vístedes??


CONCURSOS POR SAN VALENTÍN

Dende o C.P.I. da Baña chegounos a idea de organizar uns concursos por San Valentín.
O concurso "E ti, a quen queres máis? está dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria. É un concurso de debuxo así que xa sabedes rapaces!!! Manos á obra!!! A ver cantos Picasos temos en San Cosme.


O Concurso "Declaracións de amor con Humor" está dirixado aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Aquí xa hai que esmerarse coa literatura. Teremos algún Lope de Vega por San Cosme?? Ímolo ver. Veña rapaces pensade en quen vai a ser a vosa inspiración!!!

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA NAMORAR

Andiven e remexer pola nosa biblio e escollín estes libros tan espeiciais, que dende fai uns días xa, puxen á vosa disposición para celebrar o Día dos Namorados. Cal é o teu preferido???

Firmado
Rosiña

mércores, 9 de febreiro de 2011

AMORES E MÁIS AMORES

Rosiña quere que coñezades tamén estas outras historias de amor.

Unha historia curta de amor en stop motion.

Os amantes Mariposa.



"Madame Butterfly" (Puccini)