Xa quedan poucas horas.... Estades nerviosos, verdade??? Lembrade ir cedo para a camiña e non tardar en quedar durmidos... Ahhhh !!! E non olvidedes facer pipí antes de deitarvos, non vaia ser que vos pase o mesmo que a Martiño, o do conto...
Antes de ir ver os Reis na Cabalgata recomendámosvos esta película. Buscadela e sobre todo, disfrutádela!!!
Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística nos achegan un montón de recursos para traballar o Nadal aos que podedes acceder dende aquí:
Tamén dende o C.E.I.P.Milladoiro de Malpica nos achegan esta Compilación de Recursos para o Nadal ás que podedes acceder dende aquí:
E por último, os nosos compañeiros do C.E.I.P. Mestres Goldar de Vigo támen nos ofrecen as súas aportacións para o NADAL dende aquí:
A nosa Rosiña quere darlles as grazas dende aquí a todos eles polas súas aportacións e deséxalles un Bo Nadal.
Coñecímolo o ano pasado pero se non te lembras ou aínda non o coñeces, direivos que o Apalpador e un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con roupas gastadas e remendadas e leva boina. Dedícase ao antigo oficio de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos dormen, el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de castañas para que non pasen fame.
Hoxe en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar tamén un pequeno xoguetiño de construcción artesanal cheo de agarimo.
Se queredes coñecer mellor ao Apalpador AQUÍatoparás máis recursos.
Hai quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos, para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.
Atopei este vídeo navegando por internet que é unha verdadeira obra de arte. Trátase dun Morphing que recolle a evolución da figura da muller na pintura ao longo da historia.
O Morphing é un efecto dixital de transición entre dous planos mediante cal o primeiro deles transfórmase gradualmente no segundo, a unha velocidade que ven determinada por o número de fotogramas intermedios e mediante un sutil fundido encadeado.
O vídeo titúlase "500 anos de Retratos femininos no Arte Occidental" e trátase dun traballo do creador norteamericano Philip Scott Johnson nominado ao mellor vídeo creativo nos premios anuais que concede o portal Youtube. Comeza co "Arcángel" da Escola rusa de Nowgord datado na segunda metade do século XII e remata co "Retrato de Françoise" de Pablo Picasso que data de 1946. A peza musical que se escoita é a Sarabande da "Suite para cello No. 1 en G Maior" de Johann Sebastian Bach. A lista completa de cadros e autores podedes consultala aquí.
Disfrutádeo!!
E agora outro regaliño máis para que coñezades un pouco a algúns dos pintores máis recoñecidos do mundo. Pincha neste enlace e pídelle a túa profe que che fale deles.
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Elixiuse esta data para lembrar a morte das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), activistas políticas dominicanas asesinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía sec
reta do dictador Rafael Trujillo por denunciar a súa violencia hacia as mulleres.
Loitar para acabar coa violencia contra as mulleres é responsabilidade de todos. Comecemos por concienciar aos nosos pequenos.
E despois de reflexionar con este conto, podemos aprender un pouco de Cooeducación con esta Webquest sobre COOEDUCACIÓN dirixida aos alumnos de Infantil e 1º Ciclo:
O CEIP MESTRES GOLDAR de Vigo elaborou unha excelente recopilación de recursos para traballar a Cooducación e a Igualdade de Xénero. Consulta o seu traballo AQUÍe visita o seu blogueO recanto de Mik.
Rosiña recoméndavos a lectura dun libro moi especial: Xela volveuse vampira escrito por unha autora moi especial: Fina Casalderrey que nesta ocasión atrévese a tratar o tema da violencia contra as mulleres. Vide a Biblio a pedilo!!!
Os nenos e nenas de Haití viviron unha catástrofe que a duras penas poderán esquecer e que provocou un cambio nas súas xa complicadas vidas, no seu futuro, nas súas oportunidades, recortando aínda máis os seus dereitos.
Haití era antes do terremoto un país moi pobre e os seus habitanes tiñan grandes dificultades para sobrevivir. A infancia de Haití carecía nunha alta porcentaxe de alimentación adecuada, atención sanitaria, acceso á educación e a vivenda digna. Os dereitos da Infancia estaban xa vulnerados e agora somos todos nós os que debemos traballar para que os nenos e nenas de Haití vexan respectados os seus dereitos e vivan nunha situación de igualdade.
Este ano a Carreira Solidaria SAVE THE CHILDREN está dedicada a recaudar fondos para axudarlles. O día 3 imos correr por os nenos de Haití. E tamén imos aprender unha canción. Chámase "Ay Haití". Tratase dunha canción que grabaron varios artistas españois e latinos co obxectivo de recaudar fondos para a reconstrucción de Haytí.
El cazo de Lorenzoo é un libro que fala das dificultades dun neno diferente, Lorenzo. Un neno que cada día carga cun cazo, o seu cazo. Esta circunstancia chama a atención dos demais. O cazo dificúltalle as súas tarefas cotiás. Pero a verdade é que todos cargamos cun cazo, más grande ou máis pequeno, que nos acompaña, nos limita e condiciona...Algunhas persoas son conscientes delo e aceptan esta diferenza, a fan súa para medrar máis e mellor e para comprender aos demais.
O libro está escrito por Isabelle Carrier e está recomendado por FEAPS (Federación Española de Organizaciones en favor de la Personas con Discapacidad Intelectual).
O 20 de novembro celebramos o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS.
Nós este ano decidimos aplazar esta celebración ata o día 3 de decembro, día en que tamén celebraremos de forma adiantada o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.
Unificamos estas celebracións nun só día e facémolas, dende hai uns anos, ca organización e participación na VIICARREIRA SOLIDARIA da ONG SAVE THE CHILDREN dedicada este ano aos nenos e nenas de Haití.
Ata chegar ao día 3 traballaremos nas aulas os Dereitos dos Nenos e os Dereitos Humanos.
A biblioteca organizou unha exposición de fondos sobre este tema e tamén elaborou unha recompilación de recursos que poñemos a vosa disposición. Pincha AQUÍpara acceder a ela.
Deixámosvos con esta bonita de animación, "Yo quiero", do maestro uruguayo Walter Tournier, na que lembramos cales son as reivindicacións da nosa infancia.