domingo, 24 de outubro de 2010
1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO
A semana pasada, Rosiña convocou, mediante unha carta ás titorías, con motivo da celebración do Samaín, o 1º CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO. Entrega a túa historia no buzón de Rosiña antes do mércores 27. Hai un premio para o gañador de cada ciclo. Moita sorte!!!!
LECTURAS PARA TREMER
Aquí vos deixamos a nova Guia de lecturas para o Samaín 2010: LECTURAS PARA TREMER.
Escollede ben o medo que queredes pasar e disfrutadeo!!!!
Etiquetas:
Guias de lectura,
Samaín
venres, 15 de outubro de 2010
QUE BONITO CANDO NOS UNIMOS PARA CONSTRUIR ALGO XUNTOS!!!
Dende o Colexio de Infantil e Primaria Mª Rosa Alonso (Taraconte- Tenerife) nos chega este fermoso LipDub no que participou toda a súa
A idea xurdiu coa intención de realizar unha actividade de Fin de Curso (coa dificultade engadida de organizar a tantos rapaces de entre
Ata saíron na tele, nas noticias!!! Queredes escoitalos?
Que emocionante!!!
Etiquetas:
comunidad educativa,
libdup
martes, 12 de outubro de 2010
RECURSOS PARA O SAMAÍN

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castaña, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións, e sobre todo, de medo, moito, moito medo.
Como xa queda pouco para que celebremos esta festa, tedes aquí todo tipo de recursos á vosa disposición para que os aproveitedes e os disfrutedes.
Pincha aquí. (Tamén tedes un enlace na barra de navegación da vosa dereita).
Etiquetas:
Recursos para o Samaín,
Samaín
luns, 11 de outubro de 2010
OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Consellería de Educación difunde o Cartel "Biblioteca Escolar: un mundo de posibilidades" da ilustradora Marina Seoane co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos.
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.
Textos extraídos da Páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares
Etiquetas:
campaña de animación á lectura
venres, 8 de outubro de 2010
MARIO VARGAS LLOSA: PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010

Mario Vargas Llosa, escritor e académico de orixe peruano e nacionalizado español en 1993, foi galardonado onte co Premio Nobel de Literatura 2010.
O autor de obras como "La fiesta del chivo" o " La ciudad y los perros" é o primeiro autor que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo.
Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
A Editorial Alfaguara Infantil acaba de publicar en España unh
a colección especial dedicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da literatura. E precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa.
O conto comeza así: "Fonchito se moría de ganas por besar las mejillas de Nereida, la niña más bonita de su clase. Nereida tenía unos ojos grandes y muy vivos, una naricilla respingada, unos cabellos negrísimos y una tez blanca como la nieve...".
Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición
sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.
Disfruta con Fonchito!!!
Etiquetas:
Animación á lectura,
Premios Nobel,
Vargas Llosa
luns, 4 de outubro de 2010
AS MOCHILAS XA VOLVEN A ESTAR DE VIAXE
O venres 1 de outubro as nosas queridas MOCHILAS VIAXIERAS saíron de novo de viaxe por unha chea de lugares de 3 concellos diferentes aos que pertencen os nosos alumnos: Mazaricos (San Cosme de Antes, Alborés, As Maroñas e San Fins de Eirons), Santa Comba (A Pereira) e Zas (Brandomil e Brandoñas).
Rosiña encheunas de sorpresas para que os/as nosos/as nenos/as compartan coas súas familias preciosos momentos de encontro para ver, ler e comentar o seu contido.
Coidadeas moito e escribídelle a Rosiña nos Cadernos Viaxeiros a vosa opinión sobre todos os materiais que vos prestou.
QUE AS DISFRUTEDES MOITO!!!
(Aquí podes ver os inventarios de todas as mochilas. Pero lembra que ó inventario cambia en función do rapaz/a que a leve.)
Open publication - Free publishing
Etiquetas:
animación a lectura,
mochilas viaxeiras
domingo, 3 de outubro de 2010
VISITA DE AVELINO O TRASNIÑO DO CESTIÑO
O venres 1 de outubro recibimos no cole a visita de Avelino, o trasniño do cestiño. Avelino é un trasno sementacontos que viaxa en Paztinete (un patinete pacifista) e que ensina ás nenas e nenos a sementar contos solidarios que alimentan a paz. Trátase da 11ª edición da Aula Itinerante dos Contos Solidarios 2010, adicada este ano ás escolas de educación infantil. Un proxecto da Asociación Cultura Papaventos Educación Ambiental de Chantada (Lugo) e a ONG "Bicis pola Paz" consistente en sesións de contacontos adaptadas ás idades dos nenos pariticipatnes e interpretadas por mnicreques tecidos por cooperativas de mulleres de Bangladesh dentro das propostas do Comercio Xusto.
Se queredes saber máis sobre os Contos Solidarios pinchade aquí.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Contacontos
venres, 24 de setembro de 2010
CONSELLOS PARA LER CO TEU FILLO/A
No Recanto do Mik (Blog da biblioteca do CEIP Mestres Goldar) atopamos estes vídeos elaborados para o MIDEPLAN (Ministerio de Planificación y Cooperación de Chile) con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas dende os 9 meses ata os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura.
Etiquetas:
animación a lectura
mércores, 15 de setembro de 2010
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO
OLA RAPACES!!! Que tal a volta ao cole??? Ben??? Tíñades ganas de volver ou estábase moi ben de vacacións?
Eu, Rosiña, levo todo o verán pensando en vos, botándovos de menos e argallando unha morea de sorpresas divertidas para vós.
Este ano TEMOS ALGO QUE CELEBRAR: o curso pasado traballamos todos tanto na biblio que a Consellería nos concedeu uns cartos para mercar más libros, pelis, música, revistas, ordenadores para que a nosa biblio sexa máis chula aínda.
(Papás e mamás, alegrámonos moito de poder comunicarvos que somos un dos 79 centros de toda Galicia seleccionados para formar parte do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES cunha cuantía de 5.300€ que debemos gastar durante este curso con moito sentidiño).
Ando moi ocupada estes días pensando a que tema imos dedicar a Campaña de Animación á Lectura este curso. Xa teño algúnhas ideas. Irei contándovolas pouco a pouco.
De momento, xa sabedes que dende o luns a nosa biblio xa está aberta para vós.
Vémonos alí???
Para Mª José, Alejandro, Paula e Manu, este é o voso primeiro ano no cole e para darvos a benvida, dedicámosvos este vídeo de Mafalda no seu primeiro día de cole:
Etiquetas:
benvida,
plan de mellora de bibliotecas escolares
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)