venres, 8 de outubro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA: PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010

Mario Vargas Llosa, escritor e académico de orixe peruano e nacionalizado español en 1993, foi galardonado onte co Premio Nobel de Literatura 2010.
O autor de obras como "La fiesta del chivo" o " La ciudad y los perros" é o primeiro autor que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo.
Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
A Editorial Alfaguara Infantil acaba de publicar en España unh
a colección especial dedicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da lit
eratura. E precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa.
O conto comeza así: "Fonchito se moría de ganas por besar las mejillas de Nereida, la niña más bonita de su clase. Nereida tenía unos ojos grandes y muy vivos, una naricilla respingada, unos cabellos negrísimos y una tez blanca como la nieve...".
Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición
sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.
Disfruta con Fonchito!!!

luns, 4 de outubro de 2010

AS MOCHILAS XA VOLVEN A ESTAR DE VIAXE

O venres 1 de outubro as nosas queridas MOCHILAS VIAXIERAS saíron de novo de viaxe por unha chea de lugares de 3 concellos diferentes aos que pertencen os nosos alumnos: Mazaricos (San Cosme de Antes, Alborés, As Maroñas e San Fins de Eirons), Santa Comba (A Pereira) e Zas (Brandomil e Brandoñas).
Rosiña encheunas de sorpresas para que os/as nosos/as nenos/as compartan coas súas familias preciosos momentos de encontro para ver, ler e comentar o seu contido.
Coidadeas moito e escribídelle a Rosiña nos Cadernos Viaxeiros a vosa opinión sobre todos os materiais que vos prestou.
QUE AS DISFRUTEDES MOITO!!!
(Aquí podes ver os inventarios de todas as mochilas. Pero lembra que ó inventario cambia en función do rapaz/a que a leve.)

domingo, 3 de outubro de 2010

VISITA DE AVELINO O TRASNIÑO DO CESTIÑO

O venres 1 de outubro recibimos no cole a visita de Avelino, o trasniño do cestiño. Avelino é un trasno sementacontos que viaxa en Paztinete (un patinete pacifista) e que ensina ás nenas e nenos a sementar contos solidarios que alimentan a paz. Trátase da 11ª edición da Aula Itinerante dos Contos Solidarios 2010, adicada este ano ás escolas de educación infantil. Un proxecto da Asociación Cultura Papaventos Educación Ambiental de Chantada (Lugo) e a ONG "Bicis pola Paz" consistente en sesións de contacontos adaptadas ás idades dos nenos pariticipatnes e interpretadas por mnicreques tecidos por cooperativas de mulleres de Bangladesh dentro das propostas do Comercio Xusto.
Se queredes saber máis sobre os Contos Solidarios pinchade aquí.

venres, 24 de setembro de 2010

CONSELLOS PARA LER CO TEU FILLO/A

No Recanto do Mik (Blog da biblioteca do CEIP Mestres Goldar) atopamos estes vídeos elaborados para o MIDEPLAN (Ministerio de Planificación y Cooperación de Chile) con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas dende os 9 meses ata os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura.



mércores, 15 de setembro de 2010

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO

OLA RAPACES!!!
Que tal a volta ao cole??? Ben??? Tíñades ganas de volver ou estábase moi ben de vacacións?
Eu, Rosiña, levo todo o verán pensando en vos, botándovos de menos e argallando unha morea de sorpresas divertidas para vós.
Este ano TEMOS ALGO QUE CELEBRAR: o curso pasado traballamos todos tanto na biblio que a Consellería nos concedeu uns cartos para mercar más libros, pelis, música, revistas, ordenadores para que a nosa biblio sexa máis chula aínda.
(Papás e mamás, alegrámonos moito de poder comunicarvos que somos un dos 79 centros de toda Galicia seleccionados para formar parte do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES cunha cuantía de 5.300€ que debemos gastar durante este curso con moito sentidiño).
Ando moi ocupada estes días pensando a que tema imos dedicar a Campaña de Animación á Lectura este curso. Xa teño algúnhas ideas. Irei contándovolas pouco a pouco.
De momento, xa sabedes que dende o luns a nosa biblio xa está aberta para vós.
Vémonos alí???
Para Mª José, Alejandro, Paula e Manu, este é o voso primeiro ano no cole e para darvos a benvida, dedicámosvos este vídeo de Mafalda no seu primeiro día de cole:


venres, 9 de xullo de 2010

DIVERTÍMONOS COA XEOGRAFÍA

Hoxe todo o mundo sabe que a terra é un planeta redondo que vai a toda velocidade polo espazo. Pero ao longo da historia. Como o imaxinaron os homes a terra? Plana como un prato, rectangular, en forma de pera o ben oca? Da man deste libro e as súas 22 pestanas, faremos unha viaxe a través do tempo e das culturas para descubrir o tesouro que se agacha nas terras imaxinadas.
"El libro de las tierras imaginadas" está escrito por Guillaume Duprat na Editorial Oniro e foi gañador do Premio Bologna Ragazzi ao mellor libro de no-ficción.
E xa que falamos de xeografía aproveitamos tamén para recomendar outro libro publicado por a Editorial SM "Como aprendí geografía" de Uri Shulevitz, un relato conmovedor no que o autor nos conta como na súa infancia logrou sobrepoñerse á miseria que o rodeaba grazas ao mundo ue se abriu ante el cando seu pai trouxo á casa, en lugar de comida, un mapa que se convertiu en todo un estímulo para a súa imaxinación.

martes, 6 de xullo de 2010

CAILLOU TAMÉN VAI Á BIBLIOTECA

Gústanvos as aventuras de Caillou??? Neste capítulo, a mamá de Caillou lévao
a biblioteca pública. Rosi tamén os acompaña. Ela aínda non ten o carné da biblioteca así que teñen que solicitar un. Tamén aprenden que cousas se poden facer na biblio e cales no. Disfruta este capítulo.

sábado, 3 de xullo de 2010

PARA OS MÁIS FUTBOLEROS

Que emoción estamos vivindo co Mundial verdade???
Todos ahí xuntiños apoiando á "Roja". ESPAÑAAAAA, ESPAÑAAAAA!!!!
Se cando remate o mundial queredes seguir disfrutando do fútbol, recomendámosvos a colección: LAS FIERAS DEL FÚTBOL CLUB do autor Joachin Masannnek.
"Las Fieras Fútbol Club" non é un equipo de fútbol de barrio como os demais, é una panda de dez rapaces, unha rapaza e un can que están tolos polo fútbol, que viven ao límite e que xogan sen complexos.
A colección ten xa 14 libros publicados pola EDITORIAL DESTINO. Cando os teñas lido podes ver a súa adaptación ao cine. De seguro que o disfrutarás moitísimo. Aquí tes o trailer.

luns, 28 de xuño de 2010

IN MEMORIAN

Seguramente xa vos teredes enterado da recente desaparición duns dos escritores máis importante do último século: o premio nobel portugués JOSÉ SARAMAGO. Deixanos como herdanza a súa impresionante producción literaria. A boa literatura está de luto.
Poida que aínda sexades moi novos para coñecer a súa obra, pero cando chegue o momento removerá, cas súas palabras, a vosa conciencia e o voso compromiso co mundo que vos toque vivir. Mentres non chega o momento de ler os seus traballos, deixamosvos aquí a única historia que escribiu para nenos. Escoitaredesla da súa propia voz. O portugués é moi parecido ao galego, seguro que a endenderedes ben.

domingo, 27 de xuño de 2010

LER NO VERÁN....

QUE BO PLAN!!!!

Vaias ao monte, vaias á praia ou quedes na casa non olvides que un bo libro sempre te leva de aventuras. Elixe o teu na Guia de Lecturas para o Verán!!!
Boas vacacións para todos os meus amiguiños!!!
Rosiña