O venres, 30 de outubro, celebramos o Samaín no cole. É certo que foi moi diferente aos que adoitabamos facer, pero aínda así mereceu a pena adicar unha xornada a unha das festas que máis nos gustan.
Durante a mañá, nas diferentes aulas léronse, contáronse e/ou proxectáronse historias relacionadas co medo, realizamos un obradoiro de música e preparamos petiscos terroríficos que degustamos antes do recreo. Tamén se fixeron actividades de plástica, que ao igual que as anteriores, desenvolvéronse nas aulas de cada grupo, mantendo así os agrupamentos estables de convivencia...
Ao mediodía, antes de xantar, entregáronse os premios ás cabazas máis votadas por todo o alumnado, e tamén aos relatos de medo que presentastes á décima edición deste concurso. En canto ás cabazas, alegreime moito ao comprobar que a participación foi moi alta, e adicastes parte do voso tempo coa familia para decorar unha que fotografastes e enviastes para o concurso. Moitísimas grazas!!! De todas elas, as que máis votos recibiron foron, en primeiro lugar, a de Alicia Alvite Ramos (3º de Primaria), en segundo a de Sofía Mourelle San Martín (Educación Infantil-4 anos) e o terceiro foi para a de Sara Labandeira Gerpe (5º de Primaria). Así de contentas recolleron os seus premios:
Alicia recolleu o 1º premio no Concurso de Cabazas. |
A cabaza de Sofía gañou o 2º premio. |
Sara recibiu tamén moitos votos e gañou o 3º premio. |
Houbo tamén unha "Mención de honra" para a cabaza presentada por Daniel Ínsua Moldes (1º de Primaria). Ao ser unha das máis votadas tamén tería que estar entre as premiadas, pero como sabedes intentamos que cada ano leven premio persoas diferentes, pero cando o éxito é tan grande, consideramos que era xusto telo en conta, polo que se lle fixo entrega dun diploma e un agasallo. Dani non puido acompañarnos nesta xornada, pero a súa titora recolleu o premio que lle entregará en canto regrese!!!
A profe Sonia recolleu o premio de Dani. |
A continuación, entregáronse os premios aos relatos. En Infantil presentaron un conto en cada aula, polo que obtiveron dous diplomas e dous agasallos: un para Educación Infantil de 3 e 4 anos, e outro para Educación Infantil de 4 e 5 anos. Premendo sobre a imaxe podedes descubrir as súas terroríficas historias!
O conto da aula de 3 e 4 anos leva por título "Unha tarde de medo no cole". |
"A bruxa acabada" foi o título do conto que presentou a aula de 4 e 5 anos. |
En canto a Educación Primaria, outorgáronse catro premios:
Na aula de 1º e 2º, Olalla Suárez Grille.
En 3º e 4º, Íker Freire Cambeiro.
En 5º e 6º, o premio foi para Brais Carreira Antelo.
Tamén se concedeu un "Premio Especial" a Alejandro Villar Negreira, quen presentou unha historia creada por el na aula de P.T.
Estas historias está previsto gravalas en "Radio Rosiña" para compartilas con todas as persoas que nos sigan a través das ondas, así que estade moi atentas!!!! Mentras tanto, podedes lelas premendo AQUÍ.
Para ver as fotos que fixemos durante a xornada, só tedes que premer AQUÍ.
No seguinte vídeo podedes ver as cabazas presentadas a concurso e as súas creadoras:
Apertas,