Rosiña convoca o IV Concurso de Relatos de Medo.
Aquí tedes a súa carta.
E aquí está o cartel do concurso
martes, 22 de outubro de 2013
domingo, 20 de outubro de 2013
20 DE OUTUBRO: DÍA DO COCIÑEIRO
Dende a nosa biblioteca, e xa que este ano dedicaremos o noso proxecto integrado ao tema da gastronomía, queremos celebrar con todos eles este día compartindo unha chea de lecturas relacionadas coa cociña.
Etiquetas:
día do cociñeiro,
gastronomía,
Papacontos Zampalibros
venres, 18 de outubro de 2013
IMOS DE CONCERTO E VISITAMOS A PRAZA DE ABASTOS E A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO.
Hoxe, venres 18 de outubro, os rapaces de 2º e 3º ciclo de Primaria, viaxamos a Santiago para ver o concerto do grupo TAC Taller Atlántido Contemporaneo coa obra: A voz das baleas para tres
intérpretes enmascarados: frauta, cello e piano amplificado. Vox Ballaenae (A voz das baleas) data de 1971 e está inspirada no canto dun xibardo que o compositor norteamericano George Crumb escoitara nunha gravación. Cada un dos tres intérpretes debe levar un anteface,, co que Crumb trata de agochar o elemento humano para resaltar as forzas da natureza: a natureza deshumanizada. Os cantos da balea conviven nesta obra con sons de gaivotas, do mar e con citas do Zarathustra de Richard Strauss.
A continuación visitamos a Praza de Abastos da cidade nunha visita programada dentro das actividades do noso Proxecto Integrado de este ano: PAPACONTOS, ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da Gastronomía e a Alimentación.
Por último visitamos a ESCOLA GALEGA DE CONSUMO onde participamos en varios obradoiros:
Pirámide dos alimentos (3º e 4º ep)
Linguaxe publicitaria (5º ep)
Etiquetado (6º ep)
Podes disfrutar das fotos da xornada aquí abaixo.
xoves, 17 de outubro de 2013
OS PEQUERRECHOS ELABORAN MARMELO
Os rapaces de Infantil e os de primeiro de Primaria está feitos uns perfectos cociñeiros. Hoxe estiveron preparando MARMELO na súa clase.
Esta actividade foi deseñada dentro do programa do PROXECTO INTEGRADO deste ano titulado PAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da gastronomía.
Por deus!!! que ben cheira rapaces!!
Esta actividade foi deseñada dentro do programa do PROXECTO INTEGRADO deste ano titulado PAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da gastronomía.
Por deus!!! que ben cheira rapaces!!
Etiquetas:
cociñando marmelo,
gastronomía,
Papacontos Zampalibros,
proxecto integrado
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Hoxe, 16 de outubro, celébrase o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN (proclamado en 1979 polos Estados membros da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). e este ano o lema deste día é "Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición".
A finalidade deste día é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidaridade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Para celebrar este día, Rosiña preparouvos unha mostra de libros que falan sobre alimentación. Algúns deles podedes atopalos na biblioteca, outros iremolos mercando ao longo do curso e outro podedes atopalos en bibliotecas públicas e librerías.
Bo proveito!!!
Chegounos tamén desde o CEIP DE PONZOS en Ferrol esta interesante presentación que pode ser moi interesante ver coa vosa profe na clase para logo poder falar sobre o tema.
Gracias aos compañeiros do CEIP DE PONZOS por compartir con nós o seu traballo!!
venres, 11 de outubro de 2013
Selección de textos do proxecto para a Hora de Ler
Ola mozos e mozas!!!
Como sabedes doutros anos, a biblioteca escolle e prepara unha selección de textos relacionados coa temática do proxecto que estemos traballando para ler, aprender e disfrutar na HORA DE LER.
Este ano a biblioteca propúxolle ás vosas profes que escollesen uns cantos textos axeitados para ofrecernos a todo cole.
E xa nos chegaron os primeiros textos!!
Aquí tedes o primeiro deles que nos envían desde o 1º Ciclo: titúlase "A hamburguesa que non querçia ser comida basura". É unha historia que estamos seguros de que vos vai a encantar e que da para falar de moooooitas cousas, sobre todo, de alimentación sa.
Esperamos que a disfrutes!!
Desde aquí, e de parte de todos, lle damos as grazas ao 1º Ciclo por compartila con todos nós.
martes, 8 de outubro de 2013
PAXINA DE RECURSOS PARA O NOSO PROXECTO
Como todos os anos estamos confeccionando unha PAXINA WEB onde iremos recompilando todos os recursos que vamos atopando e que nos sexan útiles para o noso proxecto e tamén todos aqueles materiais que vaiamos elaborando.
Para acceder a ele pincharemos no cartel do proxecto na columna da esquerda do blogue.
Desde aquí tamén podedes acceder pinchan no cartel:
Para acceder a ele pincharemos no cartel do proxecto na columna da esquerda do blogue.
Desde aquí tamén podedes acceder pinchan no cartel:
luns, 7 de outubro de 2013
"PAPACONTOS ZAMPALIBROS": NOVO PROXECTO INTEGRADO PARA ESTE CURSO
Ola rapaces!!!
Como acabades de ler na carta de Rosiña este curso traballaremos nun novo proxecto integrado. Esta vez imos a centrarnos no tema da gastronomía e da alimentación. E Rosiña, sempre disposta, acaba de enviarnos o cartel promocional do noso proxecto!!
Esperamos que vos guste a todos e todas!!
Pronto o verás no corredor do centro!!
Como acabades de ler na carta de Rosiña este curso traballaremos nun novo proxecto integrado. Esta vez imos a centrarnos no tema da gastronomía e da alimentación. E Rosiña, sempre disposta, acaba de enviarnos o cartel promocional do noso proxecto!!
Esperamos que vos guste a todos e todas!!
Pronto o verás no corredor do centro!!
CARTA DE BENVIDA DE ROSIÑA
O venres chegou unha carta de Rosiña para todos as nenas e os nenos do cole!! É unha carta de benvida ao novo curso!
Seguramente xa a lestes na clase coa vosa profe pero podedes volver a lela aquí!!
Deixamos enton que sexa ela a que nos saúde e nos da a benvida a un novo curso e a unha nova aventura!!
Etiquetas:
carta Rosinha,
Papacontos Zampalibros,
proxecto integrado,
Rosiña
mércores, 18 de setembro de 2013
VISITA Á GRANXA BUSTO-CORZÓN
Hoxe, mércores 18 de setembro os alumnos de Infantil de 4 e 5 anos e os de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria visitamos a Granxa Busto-Corzón en Mazaricos onde os esperaba un contacontos e un obradoiro de debuxo.
Alí regaláronnos uns contiños nos que se explicaba de onde ven o leite.
Versión para Infantil
Aquí podes ver as fotos da saída.
Tamén nos deixaron unhas actividades para repasar o aprendido
Etiquetas:
leite,
recomendacións de lectura,
saídas didácticas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



+(2).jpg)