JOAQUÍN CASTAÑO é responsable da Escola Internacional de Ioga en Galicia e nas Illas Baleares. A súa paixón por introducir o ioga e a meditación no ámbito da educación levouno a formarse como mestre de ioga para nenos/as e desarrollou varios programas en colexios e centros galegos, ademais de impartir formación a docentes.
Este curso, os mestres e mestras do cole estamos levando a cabo un grupo de traballo sobre Mindfulness. O mindfulness, tamén coñecido como conciencia plena, é unha das maneiras de practicar a meditación.
Diversos estudos demostran que a práctica de mindfulness pode convertirse nunha ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas en moitísimos aspectos: autocontrol, saúde, adaptación a situacións adversas, etc.
Por este motivo, quixemos invitar a Joaquín a realizar un obradoiro coas nenas e nenos do cole. E con ese obxectivo nos visitou o venres, 21 de abril. Ao longo da mañá, Joaquín compartiu ratos moi agradables nos diferentes grupos, desde Infantil ata 6º de Primaria, traballando en pequenos grupos algunhas das actividades que podemos incluír na nosa vida diaria. Unha delas tamén a practicamos no comedor, xuntándonos todas as persoas para adicar uns minutos á respiración, tratando de concentrar toda a atención neste acto indispensable para a vida.
O resultado foi moi positivo! Tanto que todas as persoas que participamos nesta xornada queremos repetir!!! JOAQUÍN, MOITÍSIMAS GRAZAS!!! A través das imaxes realizadas durante esta mañá podedes comprobar o moito que significou incluír esta actividade na rutina escolar (premede AQUÍ para velas). O noso desexo agora é que continúe e que tamén se vaia instalando nos fogares das familias do noso alumnado...
Sodes únicos tanto profes, como alumnos,os meus parabens.
ResponderEliminarFai tempo q non visito o colexo, pero estou moi leda de q a ilusión por traballar e por pasalo ben perdure no tempo...