Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2015. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2015

CELEBRAMOS OS MAIOS E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día de celebracións!!! 
-Construímos o Maio con todas as flores, follas e herbas que trouxestes ao cole durante estes días.
-Lemos o Conto Viaxeiro que comezamos polo "Día do Libro" e que agora teñen que rematar na aula de Infantil, ilustrando o que será a súa portada. Lembrade que tedes que ir deixando as vosas propostas para o título do mesmo no buzón de Rosiña.
-Cantamos o "Maio de As Nogais" con moita alegría.
-Entregamos os premios do Concurso Literario das Letras Galegas.

Que ben o pasamos!!! As fotos de hoxe tamén reflexan ese sentimento de alegría, así que desfrutade véndoas:

CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2015

Xa temos aquí os gañadores do Concurso das Letras Galegas deste ano. Despois de varios días coñecendo a obra de Filgueira Valverde, inspirámonos nos seus textos para crear os nosos propios, e o resultado foi moi bo. Rosiña quere agradecervos que todos e todas participarades neste concurso; gustáronlle moito as vosas narracións, os vosos poemas, as vosas ilustracións... Estivo moi entretida durante esta semana. E aquí tedes as creacións premiadas, para que todos poidades lelas e desfrutalas!!!

xoves, 14 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Con motivo do Día das Letras Galegas, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística propoñénnos difundir unha mensaxe positiva de orgullo do noso idioma que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio e que chegue a toda a sociedade: "PRESUME DE GALEGO".


Tamén dende a revista Ollos de aula nos propoñen 17 cousas que podemos facer pola lingua: