Amosando publicacións coa etiqueta día dos namorados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día dos namorados. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de febreiro de 2017

DÍA DOS NAMORADOS E A AMIZADE


O "doodle" de hoxe adiantouse un día á celebración do 14 de febreiro. Nesta data ten lugar unha celebración tradicional coñecida coma o "Día dos Namorados", aínda que nalgúns países tamén se denomina "Día do Amor e a Amizade". E para esta data tan romántica, Google preséntanos a un animal moi peculiar orixinario de Asia e África: o pangolín, con quen podes realizar varios xogos: facer unha torta, compoñer unha canción de amor da India, aprender un baile da China ou facer un ramo de flores.
Día de San Valentín 2017 (día 4)

Pero eu tamén vos quero deixar aquí dous temas musicais moi apropiados para esta celebración. O primeiro deles, de O Sonoro Maxín, que algunhas das persoas seguidoras do blogue xa coñeceredes. Titúlase "Quérote máis" e a letra di o seguinte:

Teño soños de colores cando non podo durmir,
sigo esperto toda a noite e non deixo de bulir.
Dando voltas no meu leito teño gañas de voar,
sáeme o corazón do peito seica poderá estoupar.
Cando facemos o pino a limpar no ceo os pés
 ou botamos aturuxos
antes de que pase o tren.
Cando che dou a pulseira
feita con mil alecríns,
mírote ós ollos decote
para poderche así dicir:
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.
Teño na boca un sorriso
e nos ollos un candil,
que ninguén pode apagar
cando corres xunto a min.
O meu corpo treme enteiro,
 tremen pernas, tremen mans,
 sáeme o corazón do peito
seica poderá estoupar.
Ao pintar arcos da vella
de colores polo ar,
cando escribes o meu nome
nun espello ou nun cristal.
Ao encendermos unha radio
e este son poder ouvir,
mírote aos ollos decote
para poderche así dicir.
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.(bis)
Maite zaitut, maite maite zaitut
que a tortilla de patacas con xamón
Maite zaitut, maite maite zaitut
cada vez que me latexa o corazón. 


Aquí tedes o vídeo:


E xa que vai de música, un dos poemas de amor máis fermosos escritos na nosa lingua: "Moraima". O autor do mesmo é Celso Emilio Ferreiro, que llo adicou á súa muller. Hai moitas versións da mesma, déixovos unha para que a desfrutedes escoitando e lendo o poema se premedes AQUÍ. A cantante, María do Ceo.
Outra opción é esta "Moraima" de Milladoiro, un dos grupos galegos máis importantes da historia musical do noso país, ao tempo que vedes este vídeo con fermosas imaxes de Galicia:


venres, 14 de febreiro de 2014

DÍA DOS NAMORADOS

Hoxe celebramos o DÍA DOS NAMORADOS!!

E imos celebralo cunha RECEITA moi especial xa que este curso estamos co proxecto sobre a gastromía: PAPACONTOS ZAMPALIBROS. Esperamos que vos guste. 

...COMO SE COCIÑA UN BICO  
por Madame Bechamel


Para cociñar un bico fai falta unha cociña alegre, que ula a limpo, cantar un pouco.
Que teña os mobles máis ou menos ordenados para que así caiban máis sorpresas e desorde, e caixóns de segredos que conteñan tipos distintos de amor, de mil sabores, ademais de frascos, especias orientais, pucheiros e culleres.
Ah! E as ventás abertas: algo de aire ou mirar un anaco de ceo favorecen a sensación de liberdade.

Escoitade as tixolas mentres friten, garfos e coitelos que rin facendo esgrima nos morteiros, olas exprés que asubían forte cando o bico xa está listo para ser dado ou recibido.
-Que aproveite!-berran a beixadores e chuchados.
- Saúde!- brindan copas e vasos.

Os bicos deben ser preferiblemente sinceros e de tempada, que potencien o sabor e a textura do afecto. E para que non quede un bico cru, Bechamel pide paciencia pois todo a lume lento gaña en sabor e aroma.

Recoméndase un sorbete de limón para dixerir os empachos que provoca o ridículo e rebozado.
E para enganar ao estómago cando hai fame, permítese picotear da memoria os bicos que algunha vez foron e da imaxinación os bicos que serán (ou talvez non).


Esta receita procede dun libro moi especial titulado Besos que fueron y no fueron de Roger Olmos y David Aceituno, publicado na Editorial Lumen. A traducción ao galego e nosa. O libro podedes atopalo na nosa biblioteca. 
Esperamos que este pequeno regaliño fose do voso gusto e que poidésedes disfrutalo.

A biblioteca tamén quere celebrar este fermoso día, cunha GUÍA DE LECTURA na que vos recomenda unha morea de libros moi "amorosos". Botádelle unha ollada porque estamos seguros de que atoparedes unha chea de libros que estaredes tolos por ler.


E para rematar este fermoso día, outro regaliño moi especial:

Dende o CPI de Mondariz, chéganos esta fermosa aportación: a Historia de Crocodilo namorado nas voces dos alumnos de 3 anos.





xoves, 13 de febreiro de 2014

BICOS DE LIBRO

Algo pasa!!! 
Notáse xa no ambiente!! 
A xente anda algo nerviosiña estes días...!!
Ahhh!!
Claro!!
Mañá é o DÍA DOS NAMORADOS!! 
Un día moi importante! Non si ?
Pola biblio tamén estábase "cocendo" algo.
E vos diredes...Claro!! Como esta ano andamos a voltas co tema da gastronomía, de seguro que algo "cociñan" tamén pola biblio. A Rosiña está preparando algunha receita caseira...

Pois si!!! Estabamos cociñando BICOS!

BICOS DE LIBRO!

Estamos seguros de que vos van a encantar. Están riquísimos!

Botádelles unha ollada xa veredes como vos van a apetecer unha chea deles!

Que aproveite!

xoves, 14 de febreiro de 2013

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS A TODOS

Queremos celebrar con todos vos este día tan especial con este fermoso vídeo que lle podedes dedicar aos vosos namorados ou namoradas!!

luns, 13 de febreiro de 2012

DÍA DOS NAMORADOS

Mañá celebramos o Día dos Namorados e aínda que todos andamos un pouquiño agobiados confeccionando os nosos disfraces, Rosiña non quere que pasedes por alto un día tan especial como este. O amor enche as nosas vidas e as fai máis doadas e fermosas e queremos celebrar este día cunha exposición de libros que falan de tenrura, de amizade, de pasión, de agarimos, de bicos, de confidencias, de confesións...
Buscade o voso libro "especial" na exposición que preparou Rosiña para vos.


E para inspirarvos un pouquiño deixámosvos tamén uns videos que de seguro ides a disfrutar moito e aos que tamén lles podedes sacar moito proveito na clase.
O primeiro trata do amor entre "insectos". Siiiiiiiii, os insectos tamén poden namorarse. Este vídeo será moi útil para os rapaces e rapaces de 4º curso que están investigando sobre a vida dos insectos. Titúlase "Historia de amor"

E este outro, está dedicado a todo aquel que se sinta "locamente" namorado de esa persona tan especial que fai que a nosa vida sexa realmente emocionante!!


Biquiños namorados para todos!!