Amosando publicacións coa etiqueta en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta en galego. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de maio de 2017

MAIO, MES DAS LETRAS


https://sites.google.com/view/carlos-casares/p%C3%A1gina-principal

Aquí tedes a CARLOS CASARES, o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Seguro que nas aulas xa estades coñecendo a súa obra, ou sabendo cousiñas sobre a súa vida.
Tamén eu quero deixarvos varios enlaces interesantes sobre este tan querido escritor. Se premedes sobre a imaxe, atoparedes unha listaxe (en google sites) a través da cal podedes acceder a xogos, vídeos, cancións, contos, etc.
Seguro que o pasades moi ben, así que: A QUE
ESPERADES PARA ENTRAR?

venres, 10 de xuño de 2016

NACE "O PAPAGAIO", UN XORNAL MENSUAL

Sempre é unha alegría recibir noticias deste tipo, pero se ademais son en galego moito mellor!!! "O Papagaio" é un xornal mensual de oito páxinas a toda cor, dirixido a nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no que se tratarán temas de actualidade nas diferentes seccións nas que se divide: Actualidade, Banda Deseñada, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Histoira e Cultura, Natureza, Integración e Seccións Abertas. 
Aínda que non comezará a publicarse ata o próximo curso, xa editaron de balde o número 0, para que poidades ir desfrutando da lectura desta nova publicación á que, dende o noso blogue, queremos desexarlle moitísima sorte!!! Se premes sobre a imaxe poderás ler o primeiro número:

venres, 17 de maio de 2013

NO DÍA DAS LETRAS: cantamos EN GALEGO


"Meu o mundo é": Así se titula este tema de Paco Nogueiras Nodar compuxo para lembrar que hai outros 364 días onde as letras son protagonistas... e os números, as formas, as cores... etc. En GALEGO todo podes facer en GALEGO noso o mundo é !!!!