Amosando publicacións coa etiqueta Planetario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Planetario. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2022

EXCURSIÓN A CORUÑA

OLA, XENTIÑA!!!

Que tal estades? Eu hoxe con moitas ganas de compartir con todas vós a excursión que fixemos o venres, 13 de maio. Aínda que todo o cole viaxou ata A Coruña, non todos os grupos fixeron as mesmas actividades, así que cóntovos...

O alumnado de 5 anos visitou o Planetario, na Casa das Ciencias, xa que non puideran asistir na ocasión anterior. Ao rematar, foron co outro grupo de Infantil e o de 1º e 2º de Primaria para visitar o Acuario, no que o mundo mariño os tivo hipnotizados/as durante o tempo que alí pasaron.

No acuario ninguén quería perder detalle das explicacións.

Pola súa parte, os grupos de 3º a 6º de Primaria asistiron a un concerto no Palacio da Ópera, no que a Orquestra Sinfónica interpretou algúns dos temas máis coñecidos das películas de Walt Disney. Seguindo a trama ideada por Víctor Grande, con intervencións dunha parella de solistas e un coro, desfrutaron, cantaron e mesmo bailaron ao son de "O rei león", "Vaiana" ou "Coco". Ao rematar, foron camiñando ata o Castelo de San Antón, e desde alí desprazáronse en autobús ata o monte de San Pedro.

Ao rematar o concerto, os grupos de 3º a 6º camiñaron ata o Castelo de San Antón.

Despois de xantar, regresaron para San Cosme, con moitas cousiñas para contar esta fin de semana!!!

Unha aperta,

Rosiña

venres, 11 de febreiro de 2022

VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS E O PLANETARIO

Nun curso adicado ao espazo, a visita ao planetario era unha das máis desexadas polo alumnado do cole. Aínda que houbo que cancelar un dos grupos a última hora (que irán máis adiante porque o virus non entende de excursións), o resto do centro viaxamos ata A Coruña para visitar un dos seus estupendos museos: a Casa das Ciencias e o Planetario. Fixemos dúas quendas: mentras un grupo entraba no planetario, o outro descubría as exposicións sobre astronomía, realizaba experimentos de física ou observaba o movemento do péndulo de Foucault. 

A xornada foi fantástica!!! Premede para ver as fotos.

Aperta grande,

Rosiña

 


xoves, 8 de maio de 2014

VISITA AOS MUSEOS CORUÑESES

Hoxe, 8 de maio, todo o alumnado de Educación Primaria viaxou a Coruña para visitar os Museos Científicos Coruñeses.
Pola mañá visitamos A DOMUS (Casa do Home) e despois xantamos no Monte San Pedro.
Despois de comer visitamos o AQUARIUM FINISTERRAE e para acabar nos fomos ata a CASA DAS CIENCIAS onde tamén vimos unha película no PLANETARIO.
Foi un día la mar de científico!!! 
A que queredes ver as fotos??



Os Museos Científicos Coruñeses poñen á vosa disposición o seu primeiro libro interactivo para tablet:

  • Fundamentos biolóxicos da Farmacopea: Unha viaxe de descubrimento pola farmacaloxía marina, con xogos didácticos, vídeos, fotogalerías, modelos tridimensionais e presentacións multimedia.  Descargable para IPAD  e en PDF.


A biblioteca quere propoñervos algunha lectura para despois de esta visita. De seguro vos interesa algunha das súas propostas:
Ciencia para niños: ¡Un viaje alucinante!
Editorial Parramón.
Experimentos Científicos para niños
Tom Robinson
Ediciones Oniro

¡Eureka! Los descubrimientos científicos ás asombrosos de todos los tiempos.
Dr. Mike Goldsmith
Editorial Siruela
Locos por la ciencia: 50 trucos
Editorial Grijalbo

Astronomía para niños
Editorial Parramón

Experimenta Ciencia
Editorial La Galera
La ciencia en el punto de mira. 
Jorge Mira
Auga Editora